Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
O deputado de Promoción Económica e Emprego lembrou que a provincia coruñesa ocupa xa o quinto lugar no ránking nacional de exportacións e avogou por apoiar dende as administracións ás empresas que busquen vender os seus produtos fóra de España
Páxinas suxeridas

A Deputación insta a “xuntar esforzos” para potenciar a internacionalización das empresas coruñesas

14 de Novembro de 2017

O deputado de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, participou esta mañá no recinto de ExpoCoruña, na inauguración do foro ExporPymes, xunto co presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro; o director do IGAPE, Juan Cividanes, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

Durante a súa intervención, o deputado provincial destacou a importancia clave das exportacións para o tecido empresarial da Coruña, que durante o ano pasado supuxeron "máis de 9.400 millóns de euros". Esta cifra, tan só superada por Barcelona, Madrid, Valencia e Zaragoza, converte A Coruña na "quinta provincia de España que máis vende fóra das nosas fronteiras", concentrando ademais preto da metade das exportacións galegas.

"Para continuar nesta senda, todos os actores comprometidos co emprego e co noso tecido empresarial debemos xuntar esforzos", afirmou José Luis García, que gabou o traballo precursor que, neste campo, vén realizando dende hai anos a Cámara de Comercio da Coruña e desexou que o foro ExporPymes contribúa a incrementar aínda máis as vendas ao exterior das compañías coruñesas, xa que nel participarán empresas e exportadores procedentes de Moldavia, Colombia, Estados Unidos, Romanía, Reino Unido, México, Perú, Nicaragua, Chile, Portugal, Marrocos, Polonia, Etiopía e Guatemala.

O deputado de Promoción Económica enmarcou a participación da Deputación no foro ExporPymes dentro da estratexia de "creación e fomento do emprego" na que o goberno provincial inviste 30 millóns de euros durante o presente mandato.

José Luis García anunciou que en poucas semanas se presentará a convocatoria do Plan de Emprego Local (PEL) 2018, que "incorporará importantes novidades". García destacou que, como na edición anterior, este plan "contribuirá a crear emprego nos sectores público e privado e a apoiar aos emprendedores da provincia, tamén no ámbito da internacionalización".