Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
O Plan de Emprego da Deputación destina 3 millóns de euros para contratacións nos concellos en 2018
Páxinas suxeridas
Esta liña do PEL apoiou a creación de 1.000 postos de traballo nos concellos coruñeses en 2016 e 2017

O Plan de Emprego da Deputación destina 3 millóns de euros para contratacións nos concellos en 2018

27 de Marzo de 2018

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destinará durante 2018 un orzamento de 3 millóns de euros para apoiar aos 82 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

O organismo provincial vén de publicar as bases desta convocatoria, á que os concellos poderán acollerse ata o vindeiro 5 de abril.

Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, "a Deputación manterá en 2018 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas políticas". Neste sentido, a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2016 e 2017 creou 996 postos de traballo nos concellos coruñeses, volverá a ter este ano un importante protagonismo para favorecer a inserción laboral das persoas con maiores dificultades.

O executivo provincial mantén a súa aposta de triplicar o orzamento que os anteriores gobernos destinaban á creación de emprego nos concellos, usando como criterio de distribución das axudas o número de persoas desempregadas en cada municipio en lugar do número total de habitantes, como se viña facendo ata 2015, "de xeito que o reparto sexa máis equitativo e acorde ás necesidades reais en materia de creación de emprego de cada concello", apuntan dende o goberno provincial.

Tomando como base a porcentaxe de desempregados de cada municipio sobre o total de parados nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes establécese unha táboa de asignación económica por tramos que van dende os 19.000 aos 52.000 euros por municipio.

Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2018, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.

Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento da rede de saneamento e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.

Así, o PEL- Concellos facilita a inserción laboral de preto de 500 coruñeses/as cada ano e, ao mesmo tempo, contribúe a mellorar os servizos públicos dos municipios coruñeses.

Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Abertas as liñas para apoio a PEME e emprendedores

O PEL-Concellos é unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia.

Ademais desta liña de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activo o período de solicitudes da liña PEL-PEMES, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e a liña PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas con menos de cinco anos de antigüidade, promoción dos viveiros de empresas e espazos de coworking.

 

ASIGNACIÓNS DA LIÑA PEL-CONCELLOS 2018 POR MUNICIPIOS

(En función do número de parados de cada concello)

Concello

Total parados

Porcentaxe total parados concello/

total parados concellos < 20.000 habitantes

Módulo

VILASANTAR

36

0,12926856

19000

VILARMAIOR

53

0,19031204

19000

CERDIDO

54

0,19390283

19000

MOECHE

54

0,19390283

19000

ARANGA

55

0,19749363

19000

TOQUES

55

0,19749363

19000

MAÑÓN

57

0,20467521

19000

IRIXOA

63

0,22621997

19000

CAPELA, A

65

0,23340156

19000

SOMOZAS, AS

68

0,24417394

19000

MONFERO

72

0,25853711

22000

SOBRADO

76

0,27290028

22000

BOIMORTO

77

0,27649108

22000

SANTISO

81

0,29085425

22000

COIRÓS

84

0,30162663

22000

CORCUBIÓN

97

0,34830694

25000

MESÍA

117

0,42012281

25000

PADERNE

122

0,43807677

25000

FRADES

124

0,44525836

25000

TORDOIA

141

0,50630184

25000

TRAZO

141

0,50630184

25000

SAN SADURNIÑO

147

0,5278466

25000

CURTIS

174

0,62479802

28000

TOURO

175

0,62838881

28000

CABANAS

181

0,64993357

28000

LOUSAME

189

0,67865992

28000

VAL DO DUBRA

193

0,69302309

28000

BOQUEIXÓN

197

0,70738626

28000

CARIÑO

198

0,71097705

31000

MAZARICOS

208

0,74688499

31000

CERCEDA

219

0,78638371

31000

VEDRA

220

0,78997451

31000

BAÑA, A

223

0,80074688

31000

DODRO

225

0,80792847

31000

CARNOTA

247

0,88692592

31000

PINO, O

250

0,8976983

31000

ABEGONDO

253

0,90847068

31000

DUMBRÍA

255

0,91565227

31000

OZA-CESURAS

258

0,92642465

31000

ZAS

265

0,9515602

34000

PONTECESO

280

1,0054221

34000

LAXE

283

1,01619448

34000

CABANA

286

1,02696686

37000

ROIS

293

1,05210241

37000

MUXÍA

301

1,08082876

37000

ARZÚA

314

1,12750907

37000

CARRAL

319

1,14546303

37000

MALPICA

342

1,22805128

40000

NEDA

343

1,23164207

40000

ORTIGUEIRA

351

1,26036842

40000

MIÑO

357

1,28191317

40000

OUTES

371

1,33218428

40000

BERGONDO

384

1,37886459

43000

CEDEIRA

384

1,37886459

43000

CAMARIÑAS

393

1,41118173

43000

FISTERRA

399

1,43272649

43000

MUGARDOS

404

1,45068046

43000

ARES

406

1,45786204

43000

OROSO

425

1,52608711

43000

BRIÓN

432

1,55122267

43000

VALDOVIÑO

435

1,56199504

43000

VIMIANZO

438

1,57276742

46000

MELIDE

456

1,6374017

46000

NEGREIRA

470

1,68767281

46000

PONTES, AS

491

1,76307946

46000

PONTEDEUME

504

1,80975978

46000

MUROS

507

1,82053216

46000

PORTO DO SON

522

1,87439405

49000

CORISTANCO

524

1,88157564

49000

SANTA COMBA

543

1,94980071

49000

CEE

566

2,03238895

49000

PADRÓN

590

2,11856799

49000

POBRA , A

649

2,33042479

49000

LARACHA, A

737

2,64641459

49000

BETANZOS

813

2,91931488

52000

RIANXO

824

2,9588136

52000

NOIA

831

2,98394915

52000

ORDES

867

3,11321771

52000

FENE

874

3,13835326

52000

SADA

934

3,35380085

52000

TEO

1023

3,67338145

52000

BOIRO

1415

5,08097239

52000