| PEL
carpintera.jpg
cocineros.jpg
soldadores.jpg
Bannersweb-PELdiputacion.jpg
Bannersweb-PELdiputacion FRU.jpg
Image Slider

QUE É O PEL?

É un plan de futuro, de novas oportunidades para as persoas, os concellos e as empresas "O PEL é unha aposta polo crecemento sostible, unha contribución á fixación de poboación, á dinamización económica e á mellora das condicións de vida da poboación, a través da CREACIÓN DE EMPREGO dende os gobernos locais, o APOIO AO TECIDO EMPRESARIAL e os INCENTIVOS ÁS NOVAS EMPRESAS"

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

  • PERSOAS porque son as que máis precisan de recursos para o acceso ao emprego 
  • CONCELLOS porque son a administración máis próxima e xogan un papel fundamental na creación de emprego e na estimulación das economías locais
  • EMPRESAS porque son as principais protagonistas na creación de emprego

 

 

POR QUÉ?

  • Porque o emprego é a prioridade transversal na xestión local
  • Porque o desenvolvemento vén da man do emprego
  • Porque o emprego é a base para impulsar a prosperidade, a inclusión e cohesión social de maneira sostiblee crecente
  • Porque só unha estratexia conxunta basada na creación e fomento do emprego pode fortalecernos como persoas, como sociedade e como territorio

 

COMO SE ARTELLA?

Na anualidade 2016 a través dun paquete de medidas cunha dotación de 7 millóns de euros que se resumen en 5 liñas de actuación:

  • LIÑA 1 PEL- CONCELLOS: apoio aos concellos da provincia na creación de empregos para a prestación de servizos municipais
  • LIÑA 2 PEL- EMPRENDE apoio á creación de empresas no ámbito local
  • LIÑA 3 PEL- PEMES: apoio ao tecido empresarial para a contratación laboral de persoas en situación de desemprego
  • LIÑA 4 PEL- FINANCIACIÓN EUROPEA captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos na provincia
  • LIÑA 5 XESTIÓN E COORDINACIÓN: custos de estrutura interna e de funcionamento.

 

 

CON QUE INVESTIMENTO?

A través dunha potente investimento provincial sen precedentes, na creación e o fomento do emprego, 30 M€ para o período 2016-2019, destinando para a anualidade 2016 unha dotación de preto de 7 millóns de euros.