Estás en:Emprego SON DEMANDANTE DE EMPREGO PEL Emprego Xuvenil

PEL Emprego Xuvenil

O proxecto PEL Emprego Xuvenil consiste no deseño e posta en marcha de itinerarios de inserción laboral para a mellora da formación e da empregabilidade das persoas participantes no sector das novas tecnoloxías e do sector turístico, para a xeración de oportunidades de emprego na construción de destinos turísticos intelixentes.

Os itinerarios inclúen a realización de actividades formativas que responden a necesidades locais xeradoras de emprego na provincia e axeitadas aos requirimentos de quén oferta emprego.
Co obxectivo de fomentar o emprego e aumentar os niveis de empregabilidade da xuventude das áreas rurais, establécese unha profesionalización da xuventude na promoción turística local, na venda de produtos e servizos turísticos e a creación e xestión de viaxes e eventos como grandes nichos de emprego na provincia.

PEL Emprego Xuvenil complementa ao Proxecto EIXO, dando un paso máis e centrándose no colectivo de mozos e mozas desempregados cun maior nivel académico e de formación, e que requiren doutro tipo de actuacións máis acordes as súas necesidades e perspectivas de emprego e autoemprego.

O proxecto finánciase con fondos propios e coa subvención AP-POEJ, do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, con recursos do Fondo Social Europeo e da Iniciativa de Emprego Xuvenil, constituíndose como o instrumento financeiro da Garantía Xuvenil, no marco da intervención do Fondo Social Europeo 2014-2020.

O máximo de cofinanciamento destas axudas AP-POEJ é do 91,89%. Aqueles gastos considerados non elixibles no marco destas serán financiados ó 100% pola Deputación Provincial da Coruña.

O principal obxectivo é mellorar a formación e capacitación de persoas mozas desempregadas entre 16 e 30 anos de idade, formadas e cualificadas, co obxecto de aumentar a súa empregabilidade en sectores de actividade con perspectivas de emprego e autoemprego, contribuíndo a fixar poboación no territorio rural.

Entre os obxectivos específicos encóntranse, en primeiro lugar, a mellora da competitividade laboral dos mozos e mozas das zonas rurais a través da formación para a inserción laboral no sector das novas tecnoloxías e do turismo.

En segundo lugar, fomentar a creación de empresas no ámbito rural, vinculadas ás novas tecnoloxías e ao turismo. Por último e en terceiro lugar, aproveitar os retos e oportunidades que brindan as novas tecnoloxías como compoñentes esenciais da innovación e competitividade para o sector turístico.

O proxecto organízase en seis itinerarios diferenciados, con materias complementarias comúns entre eles, e incluíndo prácticas profesionais en empresa en todos eles. Os tres primeiros itinerarios, relacionados co campo da informática, compleméntanse cun curso de piloto de drons. As restantes accións formativas, do ámbito turístico, conlevan formación en marketing turístico.

Tódalas accións formativas compleméntanse con formación en inglés e sensibilización na igualdade de oportunidades, así como formación no emprego das novas tecnoloxías e redes sociais para a procura de emprego. Do mesmo xeito, tamén se inclúen titorías en tódolos itinerarios.

Os itinerarios turísticos inclúen ademáis orientación para o emprendemento e creación de empresas turísticas. Nos itinerarios informáticos, pola súa parte, centrarán a súa orientación en coaching grupal para á activación de competencias e o empoderamento.

Os itinerarios son os que seguen:

 

 itinerario1.png

 

itinerario2.png

 

itinerario3.png

 

itinerario4.png

 

itinerario5.png

 

itinerario6.png

 

 

 

 

 

 

 

O proxecto ten como colectivo destinatario á poboación xove de entre 16 e 30 anos empadroados/as en concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes, incluídas as persoas con discapacidade e inmigrantes, non ocupadas ou non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estean ou non inscritas como solicitantes de emprego.

  • Sistema de captación de beneficiarios:

O sistema de captación das persoas beneficiarias realizarase en base ó traballo en rede establecido cos equipos de profesionais das entidades municipais participantes no proxecto, e a través de accións propias ou dos municipios para a difusión do proxecto a través de servizos públicos de emprego, bolsas de emprego doutras entidades colaboradoras, centros de atención e información de asociacións.

Do mesmo xeito, dende a Deputación da Coruña, promoverase a utilización da rede de servizos sociais municipais e de centros de información á muller e de centros de xuventude para a identificación de posibles persoas beneficiarias.

O sistema de captación de persoas inactivas englobará, como mecanismo útil de actuación, a difusión do proxecto en centros de carácter diverso, aos que de maneira habitual acoden potenciais persoas beneficiarias: escolas, centros cívicos, deportivos, entidades de actividade artística, institutos, centros de saúde, asociacións de fin diverso e outras que, en zonas de ámbito rural, acostuman constituír un lugar de reunión.

  • Fases do proceso de selección:
  1. Inscrición e presentación de solicitudes: tódalas persoas interesadas en participar han de achegar a documentación esixida nos prazos establecidos no concello no que están empadroados.
  2. Baremación de criterios de carácter xeral: o persoal técnico dos concellos adheridos ao proxecto designado como responsable municipal do mesmo, son os encargados de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de se a documentación presentada está completa e é correcta. Entre tódalas solicitudes admitidas, realizan unha valoración conforme a documentación aportada e a puntuación límite.
  3. Entrevista Persoal: realizarase unha entrevista a cada unha das persoas admitidas no proceso de selección e na que se valorarán ata a puntuación límite, aspectos tales coma a motivación da persoa, a adecuación da acción formativa solicitada a súa traxectoria formativa e profesional e a existencia dun proxecto de diversificación profesional e coherente no seu caso.

Como resultado deste proceso de selección, as persoas solicitantes poden obter un máximo de puntos, sendo seleccionadas en función da puntuación obtida, de maior a menor puntuación.

A formación específica a impartir nos itinerarios de inserción laboral do proxecto PEL Emprego Xuvenil, e a través dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación da Coruña levan consigo a acreditación a través da expedición dos correspondentes certificados de profesionalidade, que en todo caso, serán emitidos polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de cumprir as instalacións e as persoas participantes os requisitos previstos para tal fin: finalizar con avaliación positiva os módulos formativos asociados a cada un destes certificados de profesionalidade.

O método de xestión a empregar na execución do proxecto baséase nunha metodoloxía participativa. Susténtase nunha rede técnica de traballo a nivel provincial, formada por persoal técnico da Deputación da Coruña (Equipo de Xestión) e técnicos/as municipais das áreas de emprego, desenvolvemento local, servizos sociais e orientación laboral dos concellos que conforman o ámbito de actuación do proxecto.

A Deputación da Coruña asume con medios propios as funcións de planificación e coordinación do proxecto, asumindo en todo caso a responsabilidade na execución do mesmo.

O ámbito territorial para a execución das accións formativas circunscríbese a tódolos concellos da provincia da Coruña, agás aqueles que teñen máis de 50.000 habitantes (A Coruña, Ferrol e Santiago).

Debido o gran número de concellos participantes, para unha mellor xestión e execución do proxecto, dividirase a provincia en zonas de actuación atendendo a criterios de proximidade xeográfica, comunicacións e outros aspectos de consideración que contribúan a diminuír os obstáculos derivados da dispersión xeográfica que caracteriza á provincia.

ACCIÓN

FORMATIVA

LOCALIZACION

PROPOSTA ZONA 1

LOCALIZACION

PROPOSTA ZONA 2

LOCALIZACION

PROPOSTA ZONA 3

SISTEMAS DE XESTIÓN DE INFORMACIÓN

Arzúa, Boimorto, Melide, Toques, Santiso, Curtis, Sobrado ,Vilasantar

A Baña, Ames, Brión, O Pino, Teo, Boqueixón, Touro, Vedra

Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Ortigueira

SEGURIDADE INFORMÁTICA

 

 

Oleiros, Sada, A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, PontecesoCamariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Zas, VimianzoCariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira, As Somozas, San Sadurniño, A Capela, Monfero

ADMINISTRACIÓN DE BASES DE DATOS

Arzúa, Boimorto, Melide, Toques, Santiso, Curtis, Sobrado ,VilasantarCarnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, OutesAres, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, As Pontes, Cabanas, Pontedeume
CREACIÓN E XESTIÓN DE VIAXES COMBINADAS E EVENTOSAbegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, CulleredoA Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón, RoisAres, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño
VENDA DE PRODUTOS E SERVICIOS TURÍSTICOSSanta Comba, Cerceda, Tordoia, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo, Val do DubraCamariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Zas, VimianzoVilarmaior, Aranga, Cesuras, Coirós, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne

PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN Ó VISITANTE

Oleiros, Sada, A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, PontecesoDodro, Padrón, Rois, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, OutesAs Pontes, Cabanas, Pontedeume, San Sadurniño, A Capela, Monfero

O tecido empresarial provincial ten a posibilidade de colaborar nun proxecto de formación e de apoio á inserción laboral en base a un triplo proceso de intercambio, no que a Deputación da Coruña oferta oportunidades de formación á mocidade que por diversas circunstancias non as tiveron ata o de agora; a mocidade fórmase ao tempo que dan os seus primeiros pasos no mercado laboral, e adquiren unha experiencia profesional que lles pode abrir as portas a un posto de traballo.

Por outra banda, as empresas dispoñen de mozos e mozas cunha formación específica no seu sector de actividade que lles facilita o desenvolvemento de prácticas formativas axeitadas ó nivel da contorna laboral na que adquiren a cultura e a competencia empresarial e facilítalles a posibilidade da contratación laboral por parte da empresa.

De marzo a decembro de 2018.
Período de execución das actuacións en territorio: de xuño a decembro de 2018.

 

 

 

  Plan de Emprego Local
PEL Emprego Xuvenil

 Teléfono: 981 080 507

   email: pel@dacoruna.gal

 

 

Deputación.jpg PEL.jpg FSE.jpg LOGO PELEX.png