Estás en:Emprego Emprego Audiovisual

Audiovisual

Coruña Estudio Inmersivo (CEI)

A Deputación está a traballar nunha Estratexia de apoio e promoción do sector audiovisual galego, co obxecto de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da provincia, mediante a posta en valor dun sector estratéxico, moderno e innovador, en alza na provincia da Coruña, capaz de crear emprego cualificado e de calidade e de atraer empresas de nivel nacional e internacional, así como de crear outras novas que convertan a nosa provincia nun referente do sector audiovisual.

Esta estratexia fundaméntase no interese do goberno provincial por potenciar o crecemento da provincia, en termos de innovación, modernización e competitividade, apoiando e promocionando a un sector estratéxico como é o audiovisual, pola súa capacidade xeradora de emprego e de internacionalización.

O proxecto Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia (EDAGA), Coruña Estudio Inmersivo (CEI) é un proxecto  financiado pola Unión Europea a través do programa Next Generation EU do Goberno de España, xunto con fondos propios da Deputación, para a posta en marcha dun centro de produción cinematográfica virtual en tempo real VPxR, como parte do complexo tecnolóxico Cidade das TIC.

A entidade provincial trata de impulsar o sector audiovisual galego, pola súa contribución á economía, á identidade cultural galega e á proxección de Galicia e España no exterior, dotando tecnicamente un plató virtual de última xeración de 735,10 m2, que o situará na vangarda internacional no dito ámbito, o que permitirá potenciar o nivel competitivo das empresas do audiovisual galego.

É un proxecto que se aliña plenamente con algúns dos eixos definidos polo Hub Audiovisual e da Industria Cultural, situando a Galicia como un territorio idóneo e competitivo para a localización de rodaxes, producións e pos producións.

logo financiado union europea nextgenerationeu.jpglogo-gobierno-españa.jpgplan-recuperacion-transformacion-resiliencia.png

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X