Estás en:Emprego Son Empresa Quero sufragar as cotas de autónom@s á Seguridade Social

Quero sufragar as cotas de autónom@s á Seguridade Social

PEL-Autónom@s

A finalidade destas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo ante a nova realidade económica xurdida pola Covid-19. 

O seu obxecto é regular as axudas para o ano 2021 da Liña 2.7 PEL-Autonom@s: Axudas para sufragar parte das cotas da seguridade social de persoas autónomas no período que non reciben axudas doutras Administracións Públicas.

Destinatarios

Estas axudas van dirixidas a persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os seguintes requisitos:

  • Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, cunha antigüidade ininterrompida máxima de 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas.
  • Ter o domicilio fiscal nalgún concello da provincia da Coruña.
  • Ter unha antigüidade ininterrompida máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade/empresa.
  • Non estar a recibir ningunha axuda por parte de ningún organismo para sufragar as cotas sociais de autónomo para o período subvencionado.

Próximas convocatorias

FAQ

Se te quedaches con dúbidas ou se precisas máis información, entra aquí

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X