Estás en:Emprego Novas

3ª sesión Deseño de videoxogos en 3D (online)

3ª sesión Deseño de videoxogos en 3D (online) Idade: de 9 a 13 anos. Duración: 4 sesións de 1,5 horas cada unha. Días: 23, 30 de outubro e 6, 13 de novembro Horario: de 11.30 a 13.00 horas. Prazo de inscrición: comeza o 18 de outubro ás 10:30 h. Modalidade: en liña. Os cursos son gratuítos.   Sesións online:
  • Conexión por Microsoft
  • Non son necesarios coñecementos previos.
  • Compartición de pantalla do docente.
  • Resolución de dúbidas en tempo real, por voz e chat, con compartición da pantalla do alumno/a e por email entre sesións.
  Necesidades tecnolóxicas:
  • Conexión internet cun ancho de banda razoable.
  • Altofalantes e micro ou cascos.
  INSCRICIÓN Poden inscribirse todas as persoas socias na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso de Deseño de Videoxogos en 3D (ter o carné da biblioteca a man). A páxina para inscribirse ás actividades activarase o 18 de outubro ás 10:30 h da mañá. Antes desa hora non estará visible desde a web. Se despois desa hora non a ves, refresca a páxina. Reservaranse prazas (5 prazas) para facer a inscrición por teléfono polo que haberá que chamar o 18 de outubro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos). Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas. 10 prazas.Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns) Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.NOTA IMPORTANTE   Para asegurar que non se producirán perdidas de tempo durante os días de desenvolvemento dos talleres, farase unha mocid proba de conexión cos nenos e nenas, previa ao arranque da actividade, tanto para a conexión das videoconferencias como polo funcionamento dos programas cos links de descarga dos arquivos que serán enviados.  

Programa Deseño de videoxogos en 3D outono 2021

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X