EBIBLIODACORUNA
Reto lector: "Un atardecer, dous solpores: a eclipse desde a provincia da Coruña"
Prepárate para a eclipse co reto lector da eBiblioDaCoruna!
Seleccionamos un bo feixe de materiais relacionados con este evento astronómico para que o goces ao máximo.
Reto Lector: Un atardecer, dous solpores
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña presenta o Reto Lector "Un atardecer, dous solpores", no marco da preparación para a histórica eclipse solar, no que poderán participar todas as persoas usuarias da plataforma de préstamo electrónico ebiblio.dacoruna.gal
Os 10 usuarios que rexistren un maior número de préstamos e máis consulten os recursos seleccionados para o carrusel "Un atardecer, dous solpores", obterán un lote de produtos da biblioteca.
O reto desenvolverase segundo as seguintes bases:
- O reto comezará oficialmente o 06/07/2026 ás 00:01 h e finalizará o 16/08/2026 ás 23:59 h.
- Poderán participar todas as persoas usuarias con acceso á biblioteca dixital da Deputación da Coruña 'eBiblioDacoruna'.
- Este reto baséase en seleccionar ás 10 persoas usuarias que rexistren a maior cantidade de recursos prestados do carrusel "Un atardecer, dous solpores" da biblioteca dixital da Deputación da Coruña 'eBiblio Dacoruna' dentro do período estipulado nestas bases. A medición e o rexistro da actividade realízase directamente dende a plataforma de préstamo de recursos dixitais.
- A entidade poñerase en contacto coas persoas gañadoras unha vez que remate a campaña para facer efectiva a recollida dos agasallos.
- Respecto ao premio, outorgaráselles ás 10 persoas gañadoras un lote de merchandising oficial da biblioteca.
- A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña resérvase o dereito a poder cambiar e/ou modificar as persoas gañadoras no caso de detectar irregularidades.
- A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña será a encargada de realizar todos os materiais necesarios para a comunicación do concurso.
