Estás en:Emprego Novas
Día da Biblioteca

A EBIBLIODACORUNA

Hoxe é o día das Bibliotecas, unha data moi importante para nós, as bibliotecarias, e queremos completar a celebración falando da nosa metade dixital (a eBiblioDaCoruna), que nos achega a todos os recunchos da provincia para seguir fomentando a lectura e defendendo a cultura.

A EBIBLIODACORUNA

Hoxe é o Día das Bibliotecas, e formando parte da Biblioteca Provincial tamén está a eBiblioDaCoruna, a plataforma de préstamo de recursos dixitais e servizos como o Club Lector ou as Experiencias de Aprendizaxe

A eBiblioDaCoruna

eBiblioDaCoruna é a plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación.

Está dispoñible a través de calquera navegador web, e tamén a través da app eBiblioDaCoruna dispoñible para Android, iOS e Huawei.

Para poder utilizar a biblioteca dixital eBiblioDaCoruna só precisas:

  • Ser usuaria/o de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña
  • Dispor dun enderezo electrónico.
  • Ter un ou máis dispositivos para ler (ordenador persoal, teléfono móbil, tableta ou lector de libro electrónico)

Alta na biblioteca dixital

A eBiblioDaCoruna tamén é...

eBiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autoras e autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña, e da propia Biblioteca da Deputación.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primero formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que podas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

O club divídese en dúas salas, "Arredor dos libros" dedicado a escritores galegos, e "Compartiendo lecturas", no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.

Está moderado por una persoa cualificada en lingua e literatura e co soporte técnico e dinamización do persoal da Biblioteca da Deputación.

eBiblioDaCoruna Experiencias de Aprendizaxe. É unha plataforma de aprendizaxe tanto en liña como sen conexión, con enfoque multiformato, e é accesible para calquera persoa usuaria das bibliotecas municipais da provincia da Coruña, e da propia Biblioteca da Deputación.

Para poder formar parte desta plataforma é preciso primero formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.

Acceder ao aspazo de aprendizaxe non ten ningún custo, e está aberto a que podas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

A eBiblioDaCoruna en cifras

Desde que comezamos a desenvolver estes servizos dixitais, a participación foi medrando cada ano. Isto foi grazas ás persoas usuarias de toda a provincia que, de vagar, foron entrando a formar parte da eBiblioDaCoruna.

A seguir amosámosvos algunhas das cifras que mellor reflicten o que hoxe significa a eBiblioDaCoruna, para o fomento  e dinamización da lectura na provincia da Coruña:

Evolución dos préstamos ao longo do último ano

Rendemento.png

Prestamos.png

Hábitos de lectura (con qué dispositivos len as persoas usuarias) e títulos máis solicitados no último ano

TitulosMaisPrestados.png

Qué len as persoas usuarias da provincia?

TemasXconsumo.png


Bibliotecas de procedencia das persoas usuarias da eBiblioDaCoruna

BB.png

Só nos resta agradecer o voso apoio e seguemento. Que nos alenta e da azos para seguir a traballar por ofrecer un mellor servizo no conxunto da provincia.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X