Boletín de novidades de marzo
Consulta todas as novidades que entraron na Biblioteca e na eBiblioDaCoruna durante o mes de marzo de 2026
Xa está dispoñible o boletín de materiais que pasaron a formar parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante o mes de marzo de 2026. Con esta guía podes coñecer as últimas incorporacións á Biblioteca na sección de persoas adultas, biblioteca xuvenil, fonoteca e BBTK Infantil.
Para levar en préstamo é preciso buscar previamente o recurso, ben no catálogo en liña, ben nas guías de novidades ou ben preguntándolle ao Servizo de Información da Biblioteca.
Para acceder aos contidos dixitais, é preciso estar de alta na eBiblioDaCoruna. Se es usuaria ou usuario de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña, ou da Biblioteca da Deputación, podes solicitar a túa alta aquí: Alta no préstamo electrónico.
- Le o boletín completo con todas as novidades que entraron a formar parte do noso catálogo no último mes:

