PROVINCIA EMPRENDEDORA: Programa de Fomento do Emprendemento e da Actividade Empresarial na Provincia
O Programa de Fomento do Emprendemento e da Actividade Empresarial ten como obxectivo apoiar e promover o emprendemento e a actividade empresarial na provincia, como fórmula para a creación de emprego estable e de calidade, a xeración de riqueza e o desenvolvemento socioeconómico da provincia.
A quen vai dirixido?
Este programa está pensado para:
- Persoas que desexen emprender e precisen axuda para validar ou desenvolver unha idea de negocio.
- Persoas emprendedoras cun proxecto en fase inicial que necesiten apoio para maduralo antes de constituír a empresa.
- Empresarios/as en activo que busquen consolidar e mellorar a súa actividade profesional.
Qué servizos prestan?
O programa proporciona un servizo integral, acompañando ás persoas usuarias en todas as fases do proceso de emprendemento e consolidación empresarial.
Todos estes servizos son gratuitos para as persoas usuarias, grazas ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña, a través dun convenio coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela.
Cal é o ámbito territorial do servizo?
Toda a provincia
Como acceder aos servizos?

