PROVINCIA EMPRENDEDORA
Programa de Fomento do Emprendemento e da Actividade Empresarial na Provincia
Este programa constitúe unha estratexia provincial de fomento do emprendemento integrada dentro da Rede Provincial de Coworking e da liña 2 do Plan de Emprego Local (PEL Emprende). O seu obxectivo é apoiar e promover o emprendemento e a actividade empresarial na provincia, como fórmula para a creación de emprego estable e de calidade, a xeración de riqueza e o desenvolvemento socioeconómico.
Un impulso integral para facer crecer o teu negocio desde a idea ata a súa consolidación.
A quen vai dirixido?
- Persoas que desexen emprender e precisen axuda para validar ou desenvolver unha idea de negocio.
- Persoas emprendedoras cun proxecto en fase inicial que necesiten apoio para maduralo antes de constituír a empresa.
- Empresarios/as en activo que busquen consolidar e mellorar a súa actividade profesional.
Qué servizos se prestan?
O programa proporciona un servizo integral, acompañando ás persoas usuarias en todas as fases do proceso de emprendemento e consolidación empresarial.
Todos estes servizos son gratuítos para as persoas usuarias, grazas ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña, a través de convenios de colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e coa Confederación de Empresarios da Coruña.
Cal é o ámbito territorial do servizo?
Toda a provincia
Como acceder aos servizos?
Seleccionando a túa comarca a continuación
