Estás en:Emprego Provincia Emprendedora


PROVINCIA EMPRENDEDORA

Programa de Fomento do Emprendemento e da Actividade Empresarial na Provincia

Provincia Emprendedora é un programa integral de fomento e apoio ao emprendemento impulsado dende o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña coa colaboración das seguintes entidades:

logotipoCEC-Horizontal-color.jpgBLANCO.jpglogo_camara.pngBLANCO.jpglogo_fademur.png

O seu obxectivo é apoiar e promover o emprendemento e a actividade empresarial na provincia, como fórmula para a creación de emprego estable e de calidade, a xeración de riqueza e o desenvolvemento socioeconómico.

Un impulso integral para facer crecer o teu negocio desde a idea ata a súa consolidación.

A quen vai dirixido?

  • Persoas que desexen emprender e precisen axuda para validar ou desenvolver unha idea de negocio.
  • Persoas emprendedoras cun proxecto en fase inicial que necesiten apoio para maduralo antes de constituír a empresa.
  • Empresarios/as en activo que busquen consolidar e mellorar a súa actividade profesional.
  • Mulleres e mocidade rural con interese en emprender, diversificar a súa actividade ou mellorar a súa situación profesional.

Que servizos se prestan?

O programa proporciona un servizo integral, acompañando ás persoas usuarias en todas as fases do proceso de emprendemento ou desenvolvemento dunha nova liña de negocio e consolidación empresarial.

Asesoramento             Formación             Visibilidade             Espazos de traballo

Todos estes servizos son gratuítos para as persoas usuarias, grazas ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña, a través de convenios de colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, coa Confederación de Empresarios da Coruña e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur).

Cal é o ámbito territorial do servizo?

Toda a provincia

Como acceder aos servizos?

Seleccionando o servizo que precisas a continuación:

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X