Estás en:Emprego

Presentación

CONSTRUÍNDO O FUTURO DA PROVINCIA

presidente-emprego.jpgO Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña concíbese como un instrumento vertebrador de todas as actuacións en prol do emprego e a mellora da empregabilidade articuladas desde a Deputación da Coruña. Este Plan, que comezou a súa andaina no pasado mandato, constitúe o primeiro Plan de Emprego da historia desta institución.


Conseguimos que as políticas de emprego pasaran de ser una simple liña de apoio económico aos concellos para a contratación temporal de cuadrillas, que hoxe son as axudas de PEL-Concellos, a converterse nun símbolo de identidade da Deputación da Coruña: o PEL, que nos seus primeiros tres anos de vida, permitiu a 3.000 persoas atopar un emprego, apoiou ano tras ano a centos de persoas emprendedoras e empresarias a investir na mellora dos seus proxectos empresariais.


Conscientes de que aínda queda moito por facer, o PEL vai continuar medrando neste novo mandato e, as xa consolidadas axudas á contratación, ao investimento e á realización de actividades, sumaranse a creación de novas liñas específicas focalizadas na fixación da poboación no rural e a loita contra a "España baleirada" e a posta en marcha da pioneira Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.


Unha Rede que xa comezou a tecerse no centro de coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros), onde 24 emprendedores, emprendedoras e novas empresas xa están a traballar en innovadoras ideas empresariais sobre arquitectura, urbanismo, tecnoloxía e investigación. A este centro se suman os de Brión, Ames, Carballo, Boiro e A Coruña para completar unha rede destinada a potenciar e aproveitar o talento emprendedor e, en última instancia, a xeración de emprego. Porque, en definitiva, o capital humano é o máis importante para un territorio, o motor do desenvolvemento social e económico.

O PEL naceu en 2016 coa vocación de ofrecer solucións inmediatas a problemas que nos afectan a todos como persoas, como sociedade e como territorio e agora máis que nunca, unidade, cooperación e xestión conxunta son ideas clave para que as corporacións locais poidan dotarse das ferramentas necesarias para avanzar cara un futuro mellor porque unicamente cooperando e construíndo redes se pode acadar unha sociedade máis igualitaria e con maior calidade de vida.

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial da Coruña

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X