Estás en:Emprego Mellor iniciativa empresarial consolidada

Mellor iniciativa empresarial consolidada

*
*

Valoraranse aspectos como a innovación e orixinalidade da idea de negocio, a xeración de emprego, o incremento da cifra de negocio nos últimos 3 anos, a súa capacidade de expansión, diversificación e internacionalización, así como a diferenciación e posicionamento da empresa respecto da competencia.

Valorarase o desenvolvemento de produtos, servizos e/ou procedementos innovadores, a capacidade de adaptación e resiliencia ante os escenarios económicos adversos ou incertos e o investimento realizado pola empresa en innovación (patentes, plataformas e-commerce, desenvolvemento de software etc.)

Valoraranse as medidas implantadas en prol da igualdade de xénero e para a conciliación da vida laboral e familiar, o uso e difusión da lingua galega como lingua vehicular da empresa tanto nas comunicacións internas como externas, a realización de actividades para a preservación do medio ambiente, o apoio económico ou doutra natureza na realización de proxectos da comunidade de carácter cultural, deportivo, benéfico, lúdico ou social, así como a participación do/a xerente como mentor/a, conferenciante e ou patrocinador/a en actividades formativas e/ou programas públicos de apoio ao emprendemento, redes de mentoring, orientación, etc.

Valorarase o vídeo de candidatura [formato horizontal, duración máxima de 3 mins. e resolución mínima de 1.080 píxeles] no que se explique o modelo de negocio con claridade na descrición do produto, do equipo de traballo, da motivación da idea empresarial, dos motivos polos que a candidatura merece ser gañadora, etc.

Valorarase o vídeo de candidatura [formato horizontal, duración máxima de 3 mins. e resolución mínima de 1.080 píxeles] no que se explique o modelo de negocio con claridade na descrición do produto, do equipo de traballo, da motivación da idea empresarial, dos motivos polos que a candidatura merece ser gañadora, etc.

De acordo co disposto na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados serán tratados coa finalidade de poder atender a súa candidatura. Os devanditos datos serán tratados de xeito confidencial, e só poderán ser cedidos, nos casos contemplados na Lei. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ó tratamento e portabilidade dos seus datos, perante a Deputación da Coruña en Avenida Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou dirixindo un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X