Accións e medidas PEL RELEVO

1. ACCIÓNS PARA FIXAR POBOACIÓN EN ZONAS RURAIS

Dotación de espazos reservados para persoas mozas dentro da Rede Provincial de Espazos de Traballo Priorización da mocidade na cesión de usos dos equipamentos e recursos dispoñibles da Deputación Realización dun diagnóstico de demandas e necesidades laborais a nivel supra-municipal Organización de encontros a nivel inter-comarcal para potenciar a innovación na economía local.

 

2. ACCIÓNS PARA A INCORPORACIÓN DE I+D+I NA ESTRUCTURA ECONÓMICA E EMPRESARIAL

Implementación de plans de desenvolvemento inter-comarcal para o emprego verde entre a Deputación e outros axentes de desenvolvemento local.
Elaboración dun diagnóstico do Proxecto Piloto da Estratexia de Infraestrutura Verde para estudiar a súa viabilidade e implementala nos concellos obxecto da presente convocatoria.

 

3. ACCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DE ESPAZOS DE TRABALLO COLABORATIVO XUVENIL

Acción 3.1: Implementación da estratexia conxunta entre a Deputación e os concellos para favorecer o asociacionismo xuvenil e a creación de proxectos de autoemprego con capacidade de impacto sobre o desenvolvemento local.
Acción 3.2: Organización de eventos formativos de alto impacto.

 

4. ACCIÓNS PARA O FOMENTO DE MECANISMOS PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DA MOCIDADE EN RISCO DE EXCLUSIÓN

Acción 4.1: Inclusión de cláusulas sociais nas bases da convocatoria de axudas á contratación de PEL RELEVO

Acción 4.2: Difusión dos incentivos existentes para a contratación de persoas incluídas no Sistema de Garantía Xuvenil, así como das vantaxes de establecer medidas de responsabilidade social na empresa.

Acción 4.3: Difusión entre as persoas participantes no PEL-RELEVO de outros programas e axudas para o fomento do emprego formulados pola Deputación da Coruña

 

5. ACCIÓNS PARA INCENTIVAR A CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS E O RELEVO XERACIONAL NAS EMPRESAS DE ÁMBITO RURAL.

Acción 5.1: Creación de programas de mentorización para empresarios/as e persoas insertadas laboralmente a través das axudas á contratación de PEL-RELEVO.

 

6. ACCIÓNS DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN E MEDIDAS DE CONCILIACIÓN

Acción 6.1: Promover e difundir proxectos sociais que teñan como obxectivo axudar aos diferentes colectivos desfavorecidos no territorio rural, e que teñan como finalidade facilitar a incorporación da muller ao mundo laboral, a conciliación para a asistencia a formación, obradoiros ou actividades que melloren a súa empregabilidade.

Acción 6.2: Priorizar os proxectos emprendedores que definan plans de igualdade e contemplen medidas de conciliación.

Acción 6.3: Promover a creación de redes de corresponsabilidade nas cargas familiares para facilitar a asistencia das mulleres a accións de formación, actividades laborais e actuacións de xestión de asociacionismo.

Acción 6.4: Revalorizar e visibilizar o papel da muller no mundo rural, a través dunha exposición itinerante que poña en valor as competencias, esforzos, traballos e logros obtidos por mulleres do rural da provincia da Coruña.

 

 

  Plan de Emprego Local

 Teléfono: 981 080 507

   email: pel@dacoruna.gal

 

 

Deputación.jpg PEL.jpg FSE.jpg 

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X