Accións e medidas PEL RURINNOVA
1. ACCIÓNS PARA MITIGAR O DECLIVE DEMOGRÁFICO E A CONCENTRACIÓN DA POBOACIÓN EN ZONAS URBANAS
Acción 1.1: Realización dun diagnóstico sobre a idoneidade de creación de novos espazos dentro da "Rede Provincial de Espazos de Traballo" da Deputación da Coruña.
Acción 1.2: Dotación de espazos reservados para persoas mozas dentro da "Rede Provincial de Espazos de Traballo" da Deputación da Coruña
2. ACCIÓNS PARA CREAR ESPAZOS DE ENCONTRO DE INNOVACIÓN PARA A MOCIDADE NO TERRITORIO RURAL
Acción 2.1: Organización de encontros a nivel inter-comarcal.
Acción 2.2: Implementación dunha estratexia conxunta entre deputación e concellos para favorecer o asociacionismo xuvenil e a creación de proxectos de autoemprego con capacidade de impacto sobre o desenvolvemento local.
Acción 2.3: Mapeado de espazos dispoñibles en concellos rurais da provincia da Coruña.
3. ACCIÓNS PARA INCREMENTAR LA CULTURA EMPRENDEDORA Y COLABORATIVA.
Acción 3.1: Creación de programas de mentorización coa persoa moza emprendedora integrada no proxecto PEL-RURINNOVA.
4. ACCIÓNS PARA CREAR MECANISMOS PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES LABORAIS EN COLECTIVOS MOZOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN.
Acción 4.1: Inclusión de cláusulas sociais nas bases da convocatoria de axudas
Acción 4.2: Difusión ás persoas participantes no proxecto PEL-RURINNOVA sobre outras axudas ao emprendemento.
5. ACCIÓNS DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN E MEDIDAS DE CONCILIACIÓN.
PEL-RURINNOVA formula como reto non só facilitar ao colectivo de mulleres xoves e rurais o acceso a un emprego en igualdade de condicións, senón tamén reducir os factores estruturais que están actuando como barreiras para o desenvolvemento do emprendemento feminino.
Medidas específicas de Igualdade de Xénero e Non Discriminación:
5.1 Promover e dar maior visibilidade a proxectos sociais e empresariais que teñan como obxectivo axudar aos diversos colectivos desfavorecidos no medio rural e poñer á disposición destes colectivos medidas de conciliación para a asistencia a formación, obradoiros ou actividades que melloren a súa empregabilidade
5.2 Priorizar os proxectos emprendedores que dispoñan de Plans de Igualdade e contemplen medidas de conciliación para o acceso ás axudas incluídas no PEL-RURINNOVA
5.3 Facilitar información sobre os beneficios de elaborar un Plan de Igualdade entre aquelas entidades que non o teñan.
5.4 Impulsar de xeito prioritario o acceso das mulleres en situación de especial vulnerabilidade ao programa de axudas PEL-RURINNOVA
5.5 Promoción da creación de redes de corresponsabilidade nas cargas familiares para facilitar a asistencia das mulleres a accións de formación, actividades laborais e actuacións de xestión do asociacionismo. Con base na "Rede Provincial de Espazos de Traballo" potenciarase a creación dunha rede de apoio formada por todas as persoas participantes para promover a implicación dos homes no co-mantenimiento e organización das tarefas domésticas e familiares.
5.6 Revalorizar o rol da muller no mundo rural ao través dunha exposición itinerante que poña en valor as competencias, esforzos, traballos e logros obtidos polas mulleres do rural da provincia da Coruña, centrándose nas experiencias de mulleres con especial transcendencia na dinamización económica das súas localidades de orixe e/o residencia.
Medidas complementarias:
- Integración do enfoque de xénero no diagnóstico, deseño, execución e avaliación de todas as accións formuladas.
- Asegurar o uso da linguaxe inclusiva nos documentos e materiais producidos dentro do PEL-RURINNOVA
- Uso prioritario das novas tecnoloxías na comunicación coas persoas beneficiarias, asegurando o acceso á información por parte das mulleres sobre accións dirixidas en concreto a elas e á conciliación dende outros organismos.
- Información sobre centros especializados no coidado de persoas dependentes.