Estás en:Emprego Liñas

Liñas

Concellos
Concellos

Apoio aos concellos da provincia na creación de empregos para a prestación de servizos municipais

Emprende
Emprende

Apoio á creación e dinamización de empresas no ámbito local

plataforma SUBTEL
Reactiva

Financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña

Pemes
Pemes

Apoio ao tecido empresarial para a contratación laboral de persoas en situación de desemprego

Financiamento Europeo
Financiamento Europeo

Captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos de xeración de emprego

O Plan de Emprego Local articúlase en 4 liñas de actuación:

LIÑA 1 PEL–CONCELLOS

 Apoio aos concellos da provincia na creación de empregos para a prestación de servizos municipais.

Finalidade: subvencionar os custos de contratación de traballadores e traballadoras que sexan demandantes de emprego nos distintos concellos e que se contraten expresamente para a realización de traballos necesarios para a prestación de servizos municipais, acordes ás competencias definidas no artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local.

  • Axudas á contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais imprescindibles 
  • Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña, destinado aos municipios da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes (PEL-Reactiva)

 

LIÑA 2 PEL-EMPRENDE

Apoio á creación de empresas no ámbito local.

Finalidade: dinamizar a actividade empresarial e fortalecer o tecido produtivo a nivel local, apoiando a xóvenes emprendedores na posta en marcha da súa idea de negocio a través de incentivos á inversión en bens inventariables necesarios para a realización da actividade da empresa. Deste xeito, contribuir á posta en marcha de empresas socialmente responsables que convertan á provincia nun territorio máis sostible ecompetitivo que base o seu crecemento na innovación empresarial.

  • Axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre xóvenes emprendedores para a posta en marcha da súa idea de negocio
  • Axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espacios de traballo (coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido productivo a nivel local: Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.
  • Proxecto piloto de creación dun espacio de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola Deputación en colaboración cun concello da provincia: coworking Pazo de Arenaza (Oleiros).
  • Incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial: Premio Provincial á mellor Iniciativa Empresarial.
  • Apoio aos concellos para a prestación de servizos de asesoramento a emprendedores e orientación laboral.
  • Axudas para sufragrar as cotas da Seguridade Social a autónomos/as.
  • PEL-Reactiva: programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxe

 

LIÑA 3 PEL-PEMES

Apoio ao tecido empresarial para a contratación laboral de persoas en situación de desemprego.

Finalidade: seguir avanzando no apoio ao tecido empresarial e contribuír á inserción laboral das persoas desempregadas, favorecendo o emprego estable e de calidade a nivel local das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral nun contexto de proximidade.

  • Incentivos á Contratación: axudas para a creación ou ampliación do cadro de persoal de pequenas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes.
  • Programa de incentivos ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

 

LIÑA 4 PEL-FINANCIAMENTO EUROPEO

Captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos na provincia, en especial daqueles que resulten de interese para a xeración de emprego e o crecemento sostible.

Finalidade: deseño e presentación de candidaturas ás convocatorias dos distintos programas de financiación da Unión Europea que máis se adecúen ás necesidades de desenvolvemento da provincia e máis concretamente, aos obxectivos do PEL.

OUTRAS LIÑAS DE ACTUACIÓN

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X