Estás en:Emprego Actividade ciber.gal

Actividade ciber.gal

Imagen_Plantilla_DLTCode_gallego.jpg

15 de maio de 2025 – 11:30h

Coñecemento e conciencia do que significa a ciberseguridade para a súa empresa

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade Ciber.gal, grazas a colaboración de DLTCode - Ciberseguridade, Blockchain e Innovación, empresa adherida a Ciber.gal, e á Deputación provincial da Coruña, entidade fundadora de Ciber.gal.

A actividade será unha charla de concienciación a pemes, e expoñeranse os seguintes temas:

  • Uso seguro do correo electrónico en pagos a provedores
  • Prácticas de navegación segura
    • Actualizacións automáticas
    • Solución erros ou bugs
    • Novas funcionalidades
  • Xanelas emerxentes, plugins e webs fraudulentas
    • Extensións minería
    • Malware
  • Almacenamento de contrasinais
    • Acceso non autorizado a dispositivo.
  • Identificación de virus e malware
    • Adware
    • Spyware
    • Vermes
    • Troianos
    • Ransomware
    • Botnets
  • Xestión de contrasinais
  • Borrado seguro da información
  • Uso seguro de dispositivos USB

O formato da actividade será PRESENCIAL (na sala Juanjo Gallo da   Deputación Provincial da Coruña), cunha duración de 90 minutos.
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X