Estás en:Emprego Liña 2 PEL Emprende PEL-Autónomos/as

PEL-Autónomos/as

Finalidade

A finalidade destas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e o fortalecemento do tecido empresarial autónomo.

Estas axudas teñen por obxecto sufragar parte das cotas da Seguridade Social e/ou financiar o alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo a persoas autónomas.

Prazo

Prazo de presentación de solicitudes do 15 de novembro de 2025 ás 9.00h ao 16 de decembro de 2025 ás 14.00h.

Solicitantes

Poderán solicitar estas axudas as persoas autónomas que realicen unha actividade profesional ou empresarial e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Non ter sido persoa beneficiaria na anualidade 2025 das axudas PEL-AUTÓNOMOS/AS.
  • Ter o domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo(*) nun municipio da provincia da Coruña de poboación inferior a 10.000 habitantes, conforme os datos máis recentes dispoñibles no Instituto Galego de Estadística e segundo o recollido no correspondente Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) no momento de presentar a solicitude.
  • Con anterioridade á data de publicación da convocatoria:
    • Estar en alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.
    • Estar en alta como titular dalgunha actividade profesional ou empresarial que figure recollida no Certificado de Situación Censual da AEAT.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X