Estás en:Emprego Liñas Liña 2 PEL Emprende

Liña 2 PEL Emprende

Apoio á creación de empresas no ámbito local.

Finalidade: dinamizar a actividade empresarial e fortalecer o tecido produtivo a nivel local, apoiando a xóvenes emprendedores na posta en marcha da súa idea de negocio a través de incentivos á inversión en bens inventariables necesarios para a realización da actividade da empresa. Deste xeito, contribuir á posta en marcha de empresas socialmente responsables que convertan á provincia nun territorio máis sostible ecompetitivo que base o seu crecemento na innovación empresarial.

2.1. Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

2.2. Axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espacios de traballo (coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido productivo a nivel local.

2.3. Proxecto piloto de creación dun espacio de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola deputación en colaboración cun concello da provincia.

2.4. Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR)

2.5. Apoio aos concellos para a prestación de servizos de asesoramento a emprendedores e orientación laboral.