Estás en:Emprego Liñas Liña 2 PEL Emprende PEL-Reactiva II

PEL-Reactiva II

Presentación

A entidade provincial quere dar un paso máis e apoiar ás persoas traballadoras autónomas e microempresas de sectores dos máis afectados pola crise derivada da pandemia no ámbito da provincia, como son a hostalería e o das axencias de viaxes.

Con tal finalidade, pon en marcha un programa específico de apoio a estes sectores, que dará continuidade ó PELREACTIVA. Esta nova iniciativa provincial, denomínase PEL-REACTIVA II: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES, enmarcada no Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

O Programa ten como finalidade facilitar medios económicos necesarios a sectores económicos da provincia dos máis castigados pola crise socioeconómica derivada da pandemia orixinada pola crise da COVID-19, como son o sector hostaleiro e as axencias de viaxes, por ter a obriga de pechar de xeito prolongado e con menos oportunidades de retomar e recuperar a súa actividade. O Programa quere contribuír a facer fronte ás consecuencias desta crise e paliar o seu impacto económico e social sobre as microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas dos municipios da provincia da Coruña.

Destinatarios

Este programa vai dirixido ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das Agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas), pertencentes á Sección 1.ª das tarifas de dito imposto aprobadas por R.D. Lexislativo 1.175/1990, de 28 de setembro.

As persoas físicas ou xurídicas solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021:

  • Ter o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes.
  • Estar dadas de alta nalgún(s) dos epígrafes do IAE indicados na Base 3, segundo figure no seu Certificado de
    Situación Censual actualizado.
  • Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, no caso de persoas físicas.
  • Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X