Rede Provincial de Coworking
O PEL presta especial dedicación á creación de empresas e ao tecido empresarial e por iso a Liña 2. PEL- Emprende, céntrase na creación de empresas e no apoio a emprendedores no ámbito local, na contribución á dinamización e consolidación da actividade empresarial e no fortalecemento do tecido produtivo da provincia.
Este reforzo materialízase a través de dúas liñas específicas:
- Liña 2.2- Axudas para a promoción de espazos de traballo (viveiros de empresas, centros de negocios e coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido produtivo a nivel local: Rede Provincial de Coworking.
- Liña 2.3- Creación e posta en marcha dun proxecto piloto de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola Deputación en colaboración cun concello da provincia: coworking Pazo de Arenaza en Oleiros.
Ambas liñas de axudas sirven de instrumento para a creación, posta en marcha e dinamización da REDE PROVINCIAL DE ESPAZOS DE TRABALLO COLABORATIVO, que aglutina distintos espazos de traballo localizados en concellos da provincia (viveiros de empresas, centros de negocio e coworking).
O obxectivo principal desta Rede é establecer uns mecanismos de coordinación e colaboración na prestación de servizos a empresas e persoas emprendedoras entre os distintos espazos que formen parte dela.
A Rede está formada por novos viveiros de empresas, centros de negocios ou coworkings creados baixo a demanda de Concellos ou ben por centros xa existentes nos que o Concello ou entidade sen ánimo de lucro solicita apoio para o seu funcionamento e dinamización.
A Rede pretende funcionar de xeito eficiente, de maneira que as distintas sedes presten un servizo eficaz e coordinado non só no concello no que se empracen, senón tamén en concellos circundantes, ben atendendo aos límites administrativos da comarca, ben atendendo a outros criterios de eficiencia.
En definitiva, preténdese que a Rede de espazos traballo, con sede en diferentes concellos, ofreza de forma eficiente un servizo público orientado ás persoas emprendedoras e ás empresas, sendo primordial:
- O fomento do emprego
- A dinamización do tecido empresarial de cada concello/comarca
- A difusión de coñecementos, competencias e habilidades que sexan clave á hora de emprender
- A posta en marcha de novos negocios
- Traballar especificamente en programas de xestión empresarial en sectores estratéxicos.
A Rede quere contribuír aos seguintes obxectivos específicos:
1. Fomentar o traballo colaborativo a través do uso de espazos de coworking
O coworking é un espazo de traballo común destinado á instalación de profesionais de diferentes sectores, autónomos e emprendedores para o desenvolvemento dos seus proxectos. Os profesionais comparten o mesmo espazo, fomentando así as sinerxias, a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade.
Esta forma de traballar implica o aluguer dun posto de traballo individual nunha zona colectiva con acceso a internet e outros servizos e prantéxase como a solución ideal para aqueles profesionais e autónomos, freelances ou microempresas que queren evitar o illamento con todo o que leva aparexado.
O aforro de custos e as sinerxias, son sen dúbida as principais vantaxes dos espazos de coworking, así como a flexibilidade e conciliación.
A Rede busca apoiar ás empresas e emprendedores que desexen acceder aos espazos de coworking adheridos para o desenvolvemento da súa actividade.
2. Apoiar a creación e consolidación de empresas
Mediante a instalación de empresas de nova creación nos viveiros de empresas, co obxecto de contribuír a súa viabilidade a través da disposición de instalacións e a prestación de servizos a baixo custo, e mediante a instalación de diferentes empresas e profesionais que así o desexen nos centros de negocios existentes para beneficiarse das súas vantaxes.
A Rede dase a coñecer a todos os concellos, que a través dos seus servizos de emprego e desenvolvemento local promocionarán a rede e os seus servizos, informando a potenciais usuarios e derivando ás persoas interesadas aos espazos de traballo máis axeitados para o desenvolvemento do seu proxecto empresarial ou para a realización da súa actividade.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Protocolo común de actuación dos espazos de traballo integrados na Rede Provincial
Logotipo fondo blanco: png
Páxina web da Rede: https://redecoworking.pel.gal/
Espazos de traballo que forman parte da rede na actualidade:
- Coworking Pazo de Arenaza (Oleiros)
- LAB-Barbanza (Boiro)
- Daquí Darredor (Brión)
- Espazo A Proa (Ames)
- Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla (Moeche)
- Coworking A Capela (A Capela)
- Centro de emprendemento A Estación (Vedra)
- Green coworking (As Pontes)
- Coworking A Pobra (A Pobra do Caramiñal)
- Coworking Dixital CCompostela (Santiago de Compostela)
- A Casa do Pescador (Miño)