Estás en:Emprego Liñas Financiamento Europeo PEL Emprego Sostible no ámbito rural

PEL Emprego Sostible no ámbito rural

O proxecto PEL Emprego Sostible no Ámbito Rural, ten como finalidade mellorar a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social no territorio rural da provincia de A Coruña, a través da activación de itinerarios integrados e personalizados de inserción sociolaboral.

Estes itinerarios, xestionados con criterios de eficiencia e calidade, garantindo o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación, responden ás necesidades formativas de estes colectivos e inciden nos sectores de actividade que teñen un maior potencial de crecemento como son o sector forestal, de turismo, servizos de atención a colectivos con necesidades especiais, agricultura e gandaría.

As accións de emprendemento a por en marcha favorecen e apoian a necesidade de reinventar modelos de negocio e descubrir novas maneiras de facelos realidade a través da cultura do emprendemento, estruturando e integrando dentro dos itinerarios formativos accións titoriais de acompañamento para o emprendemento inclusivo a través da metodoloxía de autoemprego con apoio, como unha alternativa de futuro clave para a inserción laboral dos colectivos de persoas máis vulnerables.

  • Mellorar a calidade de vida, contribuír á creación de emprego e autoemprego, ao desenvolvemento económico e a cohesión económica e social da provincia da Coruña, de conformidade coas estratexias e políticas de emprego e solidaridade establecidas pola Unión Europea.
  • Aumentar nos territorios participantes a oferta e a calidade de servizos que se ofrecen para a atención ás persoas desempregadas centrándoos en ámbitos estratéxicos (orientación laboral, apoio ao emprendemento, novos servizos na contorna rural).
  • Mellorar a cualificación profesional do capital humano e promover a inserción laboral de colectivos con especial dificultade de acceso ao mercado de traballo, así como fomentar a cultura emprendedora e favorecer a incorporación das mulleres ao mercado de traballo en condiciones de igualdade.

O medio rural da provincia necesita un tratamento diferencial con respecto ao medio urbano, onde se poña de manifesto as carencias das unidades poboacionais rurais e con baixos niveis de urbanización e a necesidade de dirixir os esforzos do proxecto á atención de territorios e poboacións, desde unha perspectiva territorial e integral. Consideralos de forma homoxénea sen atender a súas características concretas, pode ampliar esas desigualdades, o que supón adoptar desde o proxecto, e dende o ámbito correspondente de creación e mellora de emprego, medidas que manteñan a vitalidade territorial e incrementen as expectativas de futuro da poboación. É por ilo que os itinerarios incluídos en "PEL- Emprego Sustentable no Ámbito Rural" vanse desenvolver en zonas rurais que están a padecer as desvantaxes demográficas.

POEFE.png

Para realizar unha planificación coherente dos Itinerarios integrais de inserción que responda as necesidades reais de cada zona xeográfica, de xeito de promover un desenvolvemento sustentable dos territorios rurais, cóntase coa colaboración do tecido empresarial provincial con necesidades e demandas manifestadas a través da Rede Técnica Municipal pero, especialmente relacionado cos obxectivos do proxecto, cóntase coa colaboración do Foro pola Economía Social Galega, constituído pola Unión de Cooperativas de Galicia (ESPAZOCOOP), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (CEGASAl), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA). Esta entidade ten como obxectivo dar visibilidade á economía social ante a sociedade e os principais axentes económicos, representando os seus intereses ante as diferentes institucións políticas, económicas e sociais, e xerando as condicións axeitadas para o desenvolvemento das súas entidades a través da inter-cooperación.


Coa súa participación neste proxecto o tecido empresarial provincial en xeral, ten a posibilidade de colaborar nun proxecto de formación e de apoio á inserción laboral en base a un triplo proceso de intercambio, no que a Deputación da Coruña oferta oportunidades de formación ás persoas que por diversas circunstancias non as tiveron ata o de agora; persoas que se forman ao tempo que dan os seus pasos no mercado laboral, e adquiren unha experiencia profesional que lles pode abrir as portas a un posto de traballo cualificado.


Por outra banda, as empresas dispoñen de persoas cunha formación específica no seu sector de actividade que lles facilita o desenvolvemento de prácticas formativas axeitadas ó nivel da contorna laboral, ao tempo que adquiren a cultura e a competencia empresarial concreta da empresa colaboradora e facilítalles a posibilidade da contratación laboral por parte da mesma.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X