Estás en:Emprego Financiamento Europeo PEL ACTIVA PERSOAS BENEFICIARIAS

PERSOAS BENEFICIARIAS

PEL ACTIVA ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas inscritas como demandantes de emprego.

As persoas participantes serán seleccionados prioritariamente entre os colectivos máis afastados do mercado laboral.

  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas maiores de 45 anos, especialmente mulleres.
  • Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Nacionais de terceiros países.
  • Persoas de orixe estranxeira.
  • Minorías.
  • Persoas en situación socioeconómica vulnerable (situación ou risco de pobreza, exclusión social ou discriminación).

As persoas participantes nos itinerarios PEL ACTIVA terán dereito a recibir unha axuda económica se carecen de ingresos, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano.

O importe destas axudas será de 13,45 euros diarios e devengarase para os días de asistencia que teñan a condición de lectivos. Non se poderá recibir axuda para aqueles días nos que se produza inasistencia, aínda que tal ausencia estea xustificada. Para recibir esta axuda, a persoa participante deberá realizar o itinerario formativo, obtendo o diploma acreditativo ou o correspondente certificado de profesionalidade, admitindo faltas xustificadas de ata o 25% do total de horas do itinerario. No caso de faltas superiores ao 25%, incluso sendo xustificada, o itinerario formativo non se considera rematado e perderase o dereito a obter a bolsa económica. Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa
participante, a Deputación provincial da Coruña, aboará, nun único pagamento, a axuda que lle corresponda aquelas persoas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para obtelo.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X