Ciberseguridade en internet
A Deputación da Coruña, máis aló do apoio económico que articula a través dos diferentes plans provinciais e de maneira específica mediante as diferentes liñas de axuda que inclúe o PEL, presta tamén servizos de asistencia informática e Administración Electrónica aos concellos da provincia e conta cunha certa experiencia na adecuación normativa, organizativa e técnica que supón o reto da adaptación e cumprimento dos esquemas nacionais de seguridade e interoperabilidade.
A Deputación presta aos concellos diferentes servizos poñendo o foco no cumprimento dos principios básicos da seguridade da información, na aplicación do principio de seguridade desde o deseño a na procura da resiliencia dos sistemas de información. A Estratexia Dixital Provincial 2021-2025 recolleu tamén esta preocupación, na sección dedicada ao Plan de Ciberseguridade.
A día de hoxe a Deputación conta cun servizo de adecuación continua á normativa de seguridade e protección de datos e avanza no camiño da adaptación e conformidade ao Esquema Nacional de Seguridade . Da man do Centro Criptológico Nacional e no marco da iniciativa ciber.gal a Deputación da Coruña está a traballar para, a curto prazo, ampliar os servizos da oficina técnica de ciberseguridade aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes que participan no proxecto provincial de Administración Electrónica. Desde todas as súas áreas, a Deputación da Coruña participa e colabora nas distintas actuacións e iniciativas que se poñen en marcha desde os distintos niveis das Administracións Públicas, como son por exemplo, as accións formativas promovidas desde ciber.gal:
-Ciberseguridade en internet: lexislación, desafíos e dereitos (25 de maio de 17.00h. a 19.00h.)
-Seguridade e privacidade no sector turístico (8 de xuño de 17.00h. a 19.00h.)
- Seguridade ecommerce (28 de xuño ás 12.00h.)
- Vídeo da xornada
- Data: 25 de maio de 2022
- Hora: de 17.00h. a 19.00h.
- Lugar: sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña (6ª planta)
- Modalidade: presencial ou en liña
- Relator: Víctor Salgado Seguín. Avogado-Socio do Bufete Pintos & Salgado
- Enquisa
PROGRAMA
- Sociedade 2.0: retos e ameazaS
- Os nosos dereitos na Rede
- Privacidade e Seguridade
- Unha privacidade, dous sistemas
- Regulamento xeral de protección de datos - Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais
- Principio de integridade e confidencialidade
- Medidas de seguridade e avaliación de riescos
- Violacións de seguridade
- Ciberseguridade na eAdministración:
- Leis de administración electrónica.
- Esquema Nacional de Seguridade (ENS)
- Seguridade nas transaccións:
- Identidade dixital e sinatura electrónica
- Medios de pago seguros.
- Criminalidade informática:
- Problemas e solucións normativas
- Proba e persecución de ciberdelitos
- Atención de dúbidas e preguntas
- Café Networking
- Vídeo da xornada
- Data: 8 de xuño de 2022
- Hora: de 17.00h. a 19.00h.
- Lugar: sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña (6ª planta)
- Modalidade: presencial ou en liña
- Relator: André Castelo Pichel. APDTIC
PROGRAMA
- Preguntas frecuentes en ciberseguridade e privacidade
- Normativa e estándares aplicables (RGPD, LOPDGDD, ENS, ISO 27001..)
- Casos prácticos
- Obriga de comunicar datos de viaxeiros (RD 933/2021)
- Sanción de 20.000€ por escanear un pasaporte
- Aspectos a ter en conta:
- Que información facilitar aos usuarios e a terceiros
- Que medidas de seguridade esigir aos proveedores de servizos?
- Identificación de medidas proactivas básicas en ciberseguridade
- Quenda de preguntas
- Café Networking
- Data: 28 de xuño de 2022
- Hora: 12.00 horas
- Modalidade: en liña
- Relator: Kevin Gonzalvo Vicente. NTT DATA
PROGRAMA
- Introdución á seguridade en aplicacións web
- OWASP Top 10
- DEMO: Vulnerabilidades típicas en eCommerce