Estás en:Emprego Liñas

Axudas europeas á rehabilitación e estándar passivhaus

pep-logo.svglogo-header-next-generation.svglogo-igvs.svg

A Deputación da Coruña organiza xunto á Plataforma de Edificación Passivhaus unha xornada dedicada á divulgación das axudas europeas Next Generation e á introdución do estándar Passivhaus e a súa aplicación na rehabilitación de edificios.


Esta xornada esta aberta ao público xeral, especialmente ás persoas usuarias finais e administradoras de fincas, así como persoal técnico interesado.

• Data: 26 de outubro de 2022
• Hora: de 18.00h a 20.00h
• Lugar: sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña (6ª planta)
• Modalidade: presencial e telemática

 

Xornada en directo

PROGRAMA

18.00h Benvida e recepción de participantes - Manuel Vázquez Sesmonde, Xefe do servizo de desenvolvemento territorial e transición ecolóxica, e Daniel Beiras García-Sabell, arquitecto do Servizo de Asistencia Técnica a Municipios da Deputación da Coruña

18.10h Presentación de bases e convocatorias de axudas en Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da UE -  Mª José Paniagua Mateos, Xefa do servizo de calidade da edificación del Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia

18.30h Presentación de proceso de solicitude de axudas: resolución das dúbidas máis frecuentes - Mª José Paniagua Mateos, Xefa do servizo de calidade da edificación del Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia

18.50h Rolda de preguntas e descanso

19.10h Introdución ao estándar Passivhaus - José Manuel Caamaño González, Passivhaus Tradesperson e socio da Plataforma de Edificación Passivhaus

19.30h Rehabilitación Edificio Colón 11, Vigo. Comparativa entre a calificación enerxética en estado inicial e rehabilitado en Galicia e partidas que resultarían subvencionables polos NGEU – Leo Llamas Álvarez, Deseñador Passivhaus e membro da xunta da Plataforma de Edificación Passivhaus

19.50h Rolda de preguntas e café networking

Presentacións:

Presentación de bases e convocatorias de axudas en Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da UE

Introdución ao estándar Passivhaus

- Rehabilitación Edificio Colón 11, Vigo. Comparativa entre a calificación enerxética en estado inicial e rehabilitado en Galicia e partidas que resultarían subvencionables polos NGEU

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X