Estás en:Emprego Novas

A Deputación destina 550.000 euros a financiar os servizos de normalización lingüística municipal

O prazo para que os concellos presenten as solicitudes para contar con persoal técnico especializado en normalización lingüística no ano 2022, estará aberto dende o día seguinte ao da publicación no Bop do vindeiro extracto da convocatoria ata as  ás 14:00 h do vixésimo día natural posterior

A Deputación destina 550.000 euros a financiar os servizos de normalización lingüística municipal

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases reguladoras da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña dirixida aos concellos, agrupacións de municipios, mancomunidades e outras entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística de 2022. A Deputación, a través da área de Normalización Lingüística, destina un total de 550.000 euros, dos que cada beneficiario poderá recibir un importe máximo de 15 000.

Poderán participar todos os concellos da provincia de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles, cheguen a esa cifra mínima de residentes. En 2021, un total de 46 concellos contaron con persoal técnico especializado para a promoción do galego a través da liña de axudas da área de Normalización Lingüística da Deputación, departamento que dirixe a deputada María Muíño.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

Entre as funcións xerais e de dinamización dos servizos están o asesoramento á Administración en materia de política lingüística, velar polo cumprimento da lexislación, fomentar o uso do galego na sociedade; planificar, xestionar, executar e avaliar accións a favor da lingua, propoñer programas dinamizadores ou coordinar redes de traballo para o fomento da nosa lingua. O servizos tamén deben desenvolver funcións de formación que inclúen a planificación, coordinación e realización de cursos, a difusión de materiais para promover o uso do galego ou a colaboración no deseño de programas de formación a favor do galego.

Coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes incorporarase o principio de transversalidade de xénero na actividade subvencionada. Esa transversalidade de xénero supón a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, de tal xeito que se planifiquen as actuacións tendo en conta as desigualdades existentes e se identifiquen e avalíen os resultados producidos para o avance na igualdade real.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X