Un centenar de nenos e nenas das comarcas de Compostela e Barbanza participan na Campaña de Esquí da Deputación
Cen escolares de entre 11 e 15 anos dos concellos de Ames, Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois participaron en Asturias na expedición á neve da Campaña de Esquí 2022, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña
Durante esta fin de semana tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario
Un centenar de nenas e nenos de entre 11 e 15 anos dos concellos de Ames, Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois participaron na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) na segunda expedición á neve da Campaña de Esquí 2022, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.
Con esta campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende "que os rapaces e rapazas da provincia da Coruña poidan iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario", indicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán.
A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 14 de xaneiro e o 21 de febreiro de 2022, diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 11 a 15 anos de idade dos municipios coruñeses.