Estás en:Emprego Novas

O centro EUROPE DIRECT da Deputación da Coruña impulsa a creación dunha rede de información europea para a mocidade en concellos da provincia

A iniciativa Europa no teu concello conta xa coa adhesión de 19 municipios que reciben cada semana as últimas novidades en oportunidades laborais, de formación ou de mobilidade da UE, así como publicacións de interese

Abegondo, Ames, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Cambre, Cariño, Cedeira, Culleredo, Dumbría, Fene, Narón, Ponteceso, Pontedeume, Rois, Sada, Valdoviño, Vedra e Vimianzo xa contan cun punto próximo e específico de información europea para os mozos e mozas do concello.

O centro EUROPE DIRECT da Deputación da Coruña impulsa a creación dunha rede de información europea para a mocidade en concellos da provincia

O centro EUROPE DIRECT A Coruña vén de poñer en marcha un servizo de información europea para mozos e mozas en colaboración con concellos da provincia. A través da iniciativa Europa no teu concello, o centro oficial de información da Comisión Europea da Deputación da Coruña distribuíu expositores para a súa instalación en dependencias municipais dedicadas á mocidade ou con alta concentración de persoas usuarias nesta franxa de idade, como poden ser as bibliotecas.

O obxectivo é crear unha rede de puntos de información directa e descentralizados nos municipios onde a xente nova pode atopar cada semana as últimas novidades de oportunidades laborais, de formación ou mobilidade que, entre outras, ofrece a Unión Europea. Tamén se ofrecerán outras informacións e publicacións de interese para este grupo de idade e materiais de utilidade.

Ata o momento, son 19 os concellos que se sumaron á iniciativa Europa no teu concello, que se comezou a despregar co inicio do novo ano. Abegondo, Ames, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Cambre, Cariño, Cedeira, Culleredo, Dumbría, Fene, Narón, Ponteceso, Pontedeume, Rois, Sada, Valdoviño, Vedra e Vimianzo xa contan cun punto próximo e específico de información europea para os mozos e mozas do concello.

Os concellos ou centros de información xuvenil da provincia da Coruña que estean interesados en formar parte da rede, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal.

Para información complementaria, pódese consultar a páxina web

https://emprego.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2022/europa-no-teu-concello

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X