Estás en:Emprego Novas

Aberto o prazo de solicitude das axudas para a contratación de axentes de igualdade

A deputada de Igualdade, María Muíño, lembrou que o seu departamento segue traballando para que a Rede de concellos pola igualdade da provincia sexa canto antes unha realidade, o que permitirá unha mellor coordinación, impacto e eficacia das accións e iniciativas

Aberto o prazo de solicitude das axudas para a contratación de axentes de igualdade

A Deputación da Coruña destina neste exercicio 450.000 euros para o financiamento de axentes de igualdade dos concellos e entidades locais, a través dunha convocatoria que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de febreiro.

Esta liña de axudas está destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes e ten por obxecto a financiamento de persoal técnico especializado en igualdade para a dinamización e o desenvolvemento de políticas de igualdade en coordinación coa área de Igualdade da Deputación no marco do 'I Plan de acción das políticas de igualdade de xénero 2019- 2023'.

Coa achega da Deputación para a contratación de axentes de igualdade, trece concellos da provincia incorporaron en 2021 persoal técnico para a mellora dese servizo: A Laracha, Dodro, A Pobra, Brión, Tordoia, Fene, Boimorto, Rois, Trazo, Cabanas, Camariñas, Coirós e San Sadurniño. Betanzos, Rianxo, Melide e Dodro tamén iniciaron os procesos de contratación de técnicos. Neste sentido, a deputada provincial de Igualdade, María Muíño, salienta que o seu departamento xa se ten moi avanzado o traballo para que a Rede de concellos pola igualdade da provincia sexa unha realidade, o que permitirá unha mellor coordinación, impacto e eficacia das accións e iniciativas. "O que está claro", afirmou, "é que sen persoal técnico especializado non é posible unha sociedade libre de violencias ou igual para todos, por iso a Deputación volve, este ano, destinar unha importante cantidade para axudar aos concellos á contratación de axentes de igualdade".

Porque, ademais dos requisitos propios de cada convocatoria, outro é común a todas: os solicitantes deberán incorporar, con carácter xeral, a transversalidade de xénero a través do emprego dunha linguaxe non sexista e inclusiva, elaborar materiais que fomenten a igualdade, tratar as imaxes con valores de igualdade, presenza equilibrada, diversidade, pluralidade de roles e identidades de xénero.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X