Éxito de convocatoria no seminario de defensa persoal feminina da Deputación da Coruña en Boiro
O curso completou as 70 prazas dispoñibles
A deputada de Educación, Sandra González Castro, participou na entrega de diplomas
O pavillón polideportivo de Boiro acolleu esta fin de semana un dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina organizados pola Deputación da Coruña en distintos concellos da provincia.
O curso contou cunha elevada demanda, rexistrándose máis dun centenar de solicitudes para as 70 prazas dispoñibles, que se completaron ao 100%.
As mulleres participantes no curso, entre os 14 e os 65 anos, tiveron a oportunidade de aprender e ensaiar técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante unha posible situación de perigo: saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia co agresor foron algunhas das técnicas aprendidas.
A deputada de Educación, Sandra González Castro, o tenente de alcalde, Luís Ruíz, a concelleira de Deportes e Igualdade, Dores Torrado, participaron na entrega de diplomas e felicitaron ás participantes.
Os cursos de defensa persoal feminina continuarán nas vindeiras semanas nos concellos de Ames e Melide.