Estás en:Emprego Novas

Un centenar de escolares das comarcas de Ferroterra e Ortegal aprenderon a esquiar coa Deputación da Coruña en Asturias

Nenos e nenas dos concellos da Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño participaron na derradeira quenda deste ano na estación de Valgrande-Pajares (Asturias)

Seiscentos nenos e nenas da provincia viaxaron este ano á neve coa Deputación da Coruña

Un centenar de escolares das comarcas de Ferroterra e Ortegal aprenderon a esquiar coa Deputación da Coruña en Asturias

A Deputación da Coruña remata a súa Campaña de Esquí 2022. Nesta fin de semana, un centenar de nenos e nenas da Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño participaron na derradeira quenda deste ano na estación de Valgrande-Pajares (Asturias)

Esta foi a quinta e última expedición á neve dentro da campaña provincial, e nela participaron mozos e mozas de 11 a 15 anos de idade. Con esta proposta, a institución provincial pretendeu "que a rapazada da provincia da Coruña puidese iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí con monitores profesionais, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario", indicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán, que sinalou que este ano participaron na actividade un total de 600 nenos e nenas (100 máis que nas anteriores edicións) de toda a provincia.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X