Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña destina 1 millón de euros para apoiar os deportistas e equipos da provincia en competicións nacionais e internacionais

123 entidades deportivas da provincia reciben o apoio da Deputación nesta convocatoria

O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da participación en probas federadas nacionais e internacionais

As subvencións abarcan diferentes modalidades deportivas como tríatlon, hóckey, fútbol, ximnasia rítmica,atletismo, baloncesto, piragüismo ou fútbol sala

A Deputación da Coruña destina 1 millón de euros para apoiar os deportistas e equipos da provincia en competicións nacionais e internacionais

A Deputación da Coruña aposta polos deportistas e clubs da provincia e destina 1 millón de euros para darlles apoio nas competicións federadas nacionais e internacionais. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar a resolución provisional das subvencións a estas entidades sen ánimo de lucro para o ano 2022.

O ente provincial achega 914.157,37 euros a un total de 115 clubs da provincia, e hai outros 8, que sumarían 80.964,50 euros máis, que a teñen concedida pero condicionada á presentación de documentación que se lles require.

O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da participación en competicións oficiais federadas. As subvencións oscilan entre un mínimo de 427 euros e un máximo de 58.000 euros e abarcan modalidades deportivas como tríatlon, hóckey, fútbol, rally, ximnasia rítmica, atletismo, baloncesto, piragüismo, fútbol sala, rugby, karate, halterofilia ou natación.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia deste programa "para seguir impulsando ás e aos nosos deportistas nas diferentes competicións de ámbito nacional e internacional, colaborando no seu progreso deportivo e promocionando o deporte coruñés en toda España e fóra das nosas fronteiras", sinalou.

Resolución provisional das axudas

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/05/18/2022_0000002741.pdf

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X