Estás en:Emprego Novas

O Pazo de Mariñán acolle o 10 e 11 de xuño a segunda edición do Congreso “A memoria diversa”

É unha das actividades de "Liberdade de ser e de sentir", a campaña que a área de Igualdade da Deputación da Coruña impulsa, co gallo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero

No congreso tamén se vai presentar o libro de entrevistas "Memoria diversa", de Eva Mejuto, editado pola Deputación

As xornadas están abertas a todo o público. As inscricións poden formalizarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3GLxBYp

O Pazo de Mariñán acolle o 10 e 11 de xuño a segunda edición do Congreso “A memoria diversa”

O Pazo de Mariñán acollerá o 10 e 11 de xuño a segunda edición do Congreso "A memoria diversa", unha das actividades de "Liberdade de ser e de sentir", a campaña que a área de Igualdade da Deputación da Coruña impulsa, co gallo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

"O congreso", explica a responsable provincial de Igualdade, María Muíño, "naceu en 2021 para afondar na perspectiva social, política e humana da diversidade a través de voces e movementos necesarios, ausentes noutros estudos relacionados coa memoria histórica e como punto de partida ao moitísimo que queda por investigar arredor da Memoria LGBTIQA+, un colectivo especialmente invisibilizado e maltratado".

Muíño destaca tamén María Muíño destaca tamén a implicación e participación de colectivos LGTBQI+ no congreso: "Participarán representantes de Rede educativa de apoio LGTBQI+, de Agrocuir da Ulloa, do Comité Galego Antisida, de Les Coruña ou de Avante LGTBQI+, entre outros". "Desde hai xa anos", engade, "vimos traballando man a man tanto cos concellos como cos colectivos porque só desde a participación e a coordinación podemos avanzar; tecer redes para avanzar sen esquecernos dos que nos precederon e que tanto pelexaron".

PROGRAMA
Venres 10
16.30: "A nosa memoria tamén é diversa", co participación de María Muíño,
deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, e Marcos Gabriel López, comisario de "Memoria diversa".

16.45: "Disidencias sexuais na Galiza contemporánea". Inclúe a palestra "A defunción dos sexos", na que intervirá Daniela Ferrández, doutora en Historia contemporánea e investigadora da historia LGTBIQA+ en Galiza; e o "Mapa sonoro da memoria LGBTIQA+", de Adrián Gallero, do colectivo Agrocuir da Ulloa. Presenta e modera Ana Ojea, Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia.

18.15: "Literatura e artes visuais na Galiza. Voces alén da norma", con Xosé M. Buxán Bran, profesor da Facultade de BBAA de Pontevedra, e Beatriz Suárez Briones, profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Presenta e modera Gena Baamonde, da Rede Galega Estudos Queer.

19.30: Proxección da película documental "Vestidas de azul" (1983), de Antonio Giménez Rico. Coa presenza de Nacha la Poderosa, protagonista do filme.

Sábado 11
10.30: Presentación do libro "Memoria diversa", de Eva Mejuto, a quen acompañará a deputada María Muíño.

11.00: "Do que non se fala, non existe", con Nanina Santos Castroviejo, cofundadora da Asociación Galega da Muller (AGM) e integrante da revista 'Andaina'.

11.30: "E ademais, maricón", co escritor Lois Diéguez. Presenta e modera a escritora Eva Mejuto.

12.15: "Maiores LGBT: A xeración silenciada", con Federico Armenteros, presidente da Fundación 26 diciembre, e Trinidad Falcés, activista LGBT, Premio Elisa e Marcela. Presenta e modera, Fito Ferreiro, da Asociación Palestra.

16.30: "Os inicios do movemento LGBT galego", con Quique Costas, membro do Colectivo Gai de Compostela; Magolla Sande, promotora do Colectivo de Feministas Independentes de Santiago; Vicente Montoto, membro do Colectivo Gai de Compostela; e Xabier Maañón, membro do Colectivo Gai de Vigo. Presenta e modera: Bárbara Vilariño, de Les Coruña.

18.15: "Os anos da SIDA", con Nacho Iglesias, traballador social e membro do Comité Galego Antisida de Santiago. Presenta e modera: Xandre Garrido, da Asociación Avante LGBT+.

19.15: Concerto "Transpirando", de O Rabelo.

"A memoria diversa" está aberta a todo o público. As inscricións poden formalizarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3GLxBYp

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X