Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña apoia con 700.000 euros a 219 clubs da provincia con deportistas en competicións locais, provinciais e autonómicas

A Deputación da Coruña apoia con 700.000 euros a 219 clubs da provincia con deportistas en competicións locais, provinciais e autonómicas

A Deputación da Coruña aposta polos deportistas e clubs da provincia e destina 698.862,78 euros para darlles apoio a 219 entidades nas competicións locais, provinciais e autonómicas durante o ano 2022.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar hoxe, xoves 16 de xuño, a resolución provisional de concesión das axudas a estas entidades deportivas. O ente provincial achega 676.332,78 euros a un total de 212 clubs da provincia e hai outros 7, que sumarían 22.530 euros máis, que a teñen concedida pero condicionada á presentación de documentación que se lles require.

Así pois, subvenciónase a adquisición de aprovisionamentos varios, material covid-19, arrendamentos e canons, transporte, seguros, aloxamento, dereitos de arbitraxe, cotas a entidades deportivas ou gastos de inscrición en competicións.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia deste programa "para seguir apoiando aos equipos e deportistas da provincia da Coruña diferentes competicións no ámbito galego" e neste sentido lembrou que "tamén contamos coa liña para financiar os gastos das competicións nacionais e internacionais, que está dotada de 1 millón de euros".

"O obxectivo é colaborar no progreso dos nosos e as nosas deportistas e promocionar o deporte coruñés en Galicia, España e fóra das nosas fronteiras", sinalou.

Listaxe de axudas concedidas:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/06/16/2022_0000003679.html

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X