Estás en:Emprego Novas
As dúas actividades, promovidas pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

Ábrese o prazo para participar no concurso xornalístico e no slam poético do Ano Faraldo

Ábrese o prazo para participar no concurso xornalístico e no slam poético do Ano Faraldo


A Coruña, 4 de agosto de 2021. A piques de se cumprir os 200 anos do
nacemento de Antolín Faraldo –o 2 de setembro de 1822–, a área de
Normalización Lingüística da Deputación da Coruña promove unha serie de
actividades para poñer en valor a obra e traxectoria do escritor e xornalista
nado en Betanzos. O slam e o concurso xornalístico forman parte da
programación do Ano Faraldo, que organizan a Deputación e o proxecto
Pesquedellas, verdadeiras artífices destes Xogos Florais.
Concurso poético
Dotado con 150 euros para o gañador e con 100 euros para o seguindo mellor
traballo, trátase dun certame de xornalismo dirixido a mozas e mozos de entre
16 e 35 anos. O prazo de presentación remata o 15 de agosto. Os e as
participantes teñen que escribir un texto orixinal en galego, con temática
cultural libre e cunha extensión máxima de 500 palabras. Os artigos gañadores
serán publicados no suplemento cultural 'Antolín Faraldo' do mes de setembro,
que distribúe a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos.
Slam poético
É concurso no que cada participante, non maior de 35 anos, recitará en directo
poemas da súa creación, de temática libre, pero empregando obrigatoriamente
a lingua galega. O xurado escollerase entre o público asistente. Todos os
poemas deberán usar unha estrofa que siga a métrica das coplas de tradición
oral galegas. Outorgaranse tres premios de entre 150 e 100 euros. As persoas
que queiran recitar teñen que enviar un correo ao enderezo
pesquedellas@gmail.com ou deixar unha mensaxe nas contas de Instagram ou
de Facebook o proxecto Pesquedellas (@proxectopesquedellas). Non é preciso
mandar o poema, só deixar constancia do nome do concursante.

Gabinete de Comunicación da Deputación da Coruña – Avenida do Porto, nº 2.Tfno: 981 080 322

Email: gabinete.prensa@dacoruna.gal

A deputada de normalización lingüística, María Muíño, fai unha chamada á
xente moza para se anime a participar nas actividades que se van desenvolver
na vila de Betanzos, lugar de nacemento do homenaxeado, en especial nestes
dous concursos dirixidos de xeito específico para eles e elas.
As bases completas pódense consultar e descargar na seguinte ligazón:
https://linktr.ee/proxectopesquedellas

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X