Estás en:Emprego Novas

María Muíño: “Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade”

A deputada de Igualdade vén de presentar a programación que se desenvolverá en torno ao 25N, e que incluirá unha serie de accións específicas dirixidas a público xuvenil sobre temáticas como o ciberacoso, sexting, sextorsión ou grooming

Máis dunha vintena de centros educativos de secundaria da provincia participarán nunha gran ciberquedada o día 23 pola mañá

A Deputación volve activar a campaña "DE FRONTE á violencia de xénero" incidindo na sensibilización do público más novo e nos efectos da tecnoloxía como elemento facilitador das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista

María Muíño: “Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade”

A área de Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño, volve activar a campaña "DE FRONTE á violencia de xénero" co obxecto de incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre a poboación moza, pero sobre todo tendo en conta a tecnoloxía como elemento facilitador das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista.

"Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade" explicou María Muíño durante a presentación da campaña. A deputada indicou que "1 de cada 5 rapaces de entre 16 e 25 anos considera que a violencia machista non existe e asimílana como un invento ideolóxico creado polo movemento feminista, e só 4 de cada 10 considera que as desigualdades de xénero son elevadas e causan dano ás mulleres".

Ante o escenario que presentan estes datos estatísticos, María Muíño asegurou que "a Deputación quere contribuír a crear contextos de sensibilización e educación dos máis mozos e máis mozas, e dotalos de ferramentas para que sexan quen de recoñecer e visibilizar a violencia machista e a desigualdade". A deputada insistiu no obxectivo de "poñerse de fronte ás situacións de violencia e non ser cómplices, para seren quen de darlle a volta e promover unha sociedade do futuro na que non exista lugar para a violencia machista, nin para discursos e actitudes que alimenten a súa pervivencia".

Programación

Ciberquedada para público xuvenil: as violencias dixitais serán o fío condutor dunha gran quedada que se restransmitirá o día 23 de novembro desde o IES Rosalía Mera e na que participará alumnado de máis dunha vintena de centros educativos de secundaria. Esta actividade estará dirixida por persoal técnico especializado en violencias dixitais

Vídeos: Melania Cruz será a cara visible dos microvídeos que se colgarán o luns 21 na web da campaña, e que ofrecerán información para sensibilizar sobre diferentes situacións reais de violencia dixital, traballando temáticas como ciberacoso, sexting, sextorsión, grooming

Merchandasing: a submisión química será o tema central que se abordará nesta acción. Trátase de facer visibles os casos de submisión química que se están a producir nos últimos anos e o perigo que implican para a integridade física e emocional das mulleres. Entregaranse 10.000 vasos co logo da campaña en centros educativos e na ciberquedada, chamando a atención sobre a necesidade de todas as persoas por igual de desfrutar das bebidas con seguridade.

Actividades específicas: crearase un xogo interactivo para público infantil e realizaranse actividades in situ en centros que traballan con persoas con diversidade funcional. Todas as actividades están deseñadas e coordinadas por persoal técnico especializado.

Acto institucional 25N: o día 25 de novembro ás 09:45h no IES Puga Ramón realizarase a lectura institucional por parte da deputada de Igualdade, na que participarán persoal docente e alumnado do centro e membros da Corporación provincial. Neste acto, o alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación realizará a estrea dun espectáculo preparado ad hoc para este día.

Relación de IES participantes
IES Manuel Murguía (Arteixo)
IES Leliadoura (Ribeira)
IES de Brión (Brión)
CPI Xanceda (Mesía)
IES Rosalía Mera (A Coruña)
IES A Cachada (Boiro)
IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
IES Breamo (Pontedeume)
IES Nº 1-Ribeira (Ribeira)
CPI Ciaño Pequeno (Trazo)
CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame)
IES Alfredo Brañas (Carballo)
IES ORDES (Ordes)
IES Espiñeira (Boiro)
IES Isaac Díaz Pardo (Sada)
IES Rego de Trabe (Culleredo)
IES de Pastoriza (Arteixo)
CPI de Zas (Zas)
IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes)
IES Félix Muriel (Rianxo)
IES Maximino Romero de Lema (Zas)
CPI Pecalama (Tordoia)
IES Cacheiras (Teo)
IES Camilo José Cela (Padrón)

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X