Estás en:Emprego Novas

A etapa decisiva de O Gran Camiño dispútase hoxe entre Novo Milladoiro e Santiago de Compostela

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou en Novo Milladoiro (Ames) na inauguración da última e decisiva etapa contrarreloxo da volta ciclista que percorreu Galicia

A etapa decisiva de O Gran Camiño dispútase hoxe entre Novo Milladoiro e Santiago de Compostela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, os alcaldes de Ames e Santiago, Blas García e Xosé Sánchez Bugallo, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, entre outras autoridades, participaron esta mañá en Novo Milladoiro (Ames) no acto oficial de corte de cinta da derradeira e decisiva etapa de O Gran Camiño, a volta ciclista que nos últimos días percorreu as catro provincias galegas.

A Deputación da Coruña patrocina esta cuarta e derradeira etapa, na que os ciclistas se enfrontan a unha espectacular contrarreloxo de 18 km que remata na compostelá praza do Obradoiro e que decidirá o vencedor da proba.

"Como non podía ser doutro xeito, O Gran Camiño fai honra ao seu nome e remata este ano na praza do Obradoiro de Santiago tras tres días percorrendo Galicia con algún dos mellores ciclistas de Europa. É un espectáculo deportivo que paga a pena desfrutar", afirmou Formoso, que desexou sorte aos competidores desta xornada.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X