Estás en:Emprego Novas

A Deputación e o Concello de Ferrol asinan un protocolo para financiar con 864.000 euros a remodelación dos campos de fútbol de Caranza

A Deputación e o Concello de Ferrol asinan un protocolo para financiar con 864.000 euros a remodelación dos campos de fútbol de Caranza

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, asinaron un protocolo para financiar as obras de remodelación dos campos da zona deportiva de Caranza, que suporán un investimento de 864.000 euros, dos que o 80% serán achegados pola Deputación e o 20% restante polo Concello de Ferrol.

Ao acto de sinatura do protocolo asistiron o presidente do Galicia de Caranza, Enrique Soto, e os concelleiros de Deportes e Urbanismo, Antonio Golpe e Julián Reina.

O proxecto suporá a transformación das dúas pistas actuais de fútbol 8 nunha única pista de fútbol 11 (que poderá ser divisible tamén en dúas de fútbol 8)

As obras incluirán a renovación das superficies de xogo, que presentan un importante estado de deterioro, o que actualmente impide a celebración de partidos federados, ás que se dotará dun novo céspede artificial de última xerción, así como a instalación dun novo sistema de alumeado. Aproveitando a modificación do talud norte, instalarase tamén un graderío descuberto.

A actuación implicará tamén ampliar a superficie que actualmente ocupan os campos para acadar o ancho suficiente das medidas regulamentarias. Esa extensión realizarase tanto cara a avenida do Mar como cara a rúa Pardo Bazán.

Valentín González Formoso, que visitou persoalmente hai escasas datas con Ángel Mato estas instalacións deportivas, afirmou que "nesa visita comprobamos que se trata dun investimento moi necesario, dado o mal estado do terreo de xogo de actual, que impide o seu uso en condicións de seguridade

"Falamos dun club fundamental no deporte base de Ferrol, con case 500 fichas federativas, que fai un traballo exemplar fomentando o deporte entre a mocidade e que precisa do apoio das administracións para reformar e modernizar estas instalacións deportivas. A Deputación e o Concello de Ferrol imos estar ahí", apuntou o presidente provincial.

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, lembrou que as instalacións deportivas nas que desenvolve a súa actividade o Galicia están situadas nun dos barrios máis populosos da cidade, aínda que polas categorías de base do club pasan rapaces de toda a cidade. "O compromiso da Deputación co deporte ferrolán é evidente. O Concello está enfrontando cuantiosos investimentos na renovación de instalacións deportivas, e para algúns dos máis importantes, como é o caso dos campos de Caranza ou a rehabilitación do estadio da Malata, está tendo o apoio total do goberno provincial", asegurou.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X