Estás en:Emprego Novas

O Castelo da Rocha Forte pon o colofón a seis meses de actividades culturais sobre Lingua e Reino de Galiza

A visita guiada ao xacemento arqueolóxico compostelano é a derradeira das programadas dentro das xornadas "A Lingua e o Reino. Entre Compostela e Braga", organizadas pola Deputación da Coruña en curadoría coa Rede da GaliLusofonia

O arqueólogo e historiador Marcio César Vila conducirá o percorrido que leva por título "O Castelo da Rocha Forte. Do control do territorio á revolta"

O Castelo da Rocha Forte pon o colofón a seis meses de actividades culturais sobre Lingua e Reino de Galiza

A visita guiada ao Castelo da Rocha Forte pecha as xornadas 'A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga', organizadas pola Deputación da Coruña en curadoría coa Rede da GaliLusofonia, que ao longo de seis meses ofreceron palestras, teatro, música e visitas guiadas a través das que achegarnos ao esplendor medieval de Galiza.

Esta última actividade, a visita guiada ao Castelo da Rocha Forte, en Compostela, terá lugar o vindeiro martes 2 de maio ás 19.00 horas. Na actualidade as prazas dispoñibles están cubertas máis fica aberta a lista de agarda para a que haberá que cumprimentar o formulario acollido en i.gal/VisitasCompostela.

O percorrido guiarao o arqueólogo e historiador, Mario César Vila, que baixo o título "O Castelo da Rocha Forte. Do control do territorio á revolta", presentará o xacemento do castelo e fortaleza monumental que durante séculos se expandiu chegando a constituírse case, como unha pequena vila.

Mario César Vila é Doutor e licenciado pola USC, desenvolve a súa actividade profesional coma arqueólogo, historiador e director de proxectos culturais e de xestión do patrimonio. Entre os seus traballos destacan a dirección de proxectos arqueolóxicos sobre xacementos de diversa tipoloxía e cronoloxía, tales coma as saíñas romanas de Vigo, o enclave romano de Reza Vella en Ourense, a fortaleza medieval de Rianxo (Castelo da Lúa), o castro e mosteiro de Cálago (Vilanova de Arousa), a catalogación dos petróglifos da comarca de Compostela, os contidos da páxina web do Castro de Elviña (A Coruña), ou o xacemento romano de San Esteban (Cacabelos, O Bierzo), entre outros.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X