Abegondo proclámase gañador da Copa Deputación de Balonmán na Rúa en Camariñas
O equipo de Abegondo impúxose nas categorías benxamín e alevín. Rbadosar e Camariñas, subcampións.
A gran final celebrouse esta tarde en Camariñas coa participación de doce equipos de categoría benxamín e alevín de toda a provincia
Abegondo e Ribadosar en categoría benxamín e Abegondo e Camariñas en alevín foron, respectivamente, os campións e subcampións na gran final da Copa Deputación da Coruña de Balomán na Rúa celebrada onte en Camariñas.
Un total de doce equipos de rapaces e rapazas entre seis e once anos de toda a provincia, gañadores dos encontros da fase de clasificación do campionato que se celebraron ao longo da provincia nos últimos dous meses, participaron nesta emocionante final.
A deputada de Deportes, Cristina Capelán, e o concelleiro de Deportes de Camariñas, Fabián Canosa, foron os encargados de entregar a Copa aos equipos gañadores.