Estás en:Emprego Novas

Rianxo acolle este sábado a primeira proba do ‘II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña’

A primeira regata conta con 11 equipos e 329 deportistas inscritos. Celebraranse regatas tamén en Pontedeume, Ames, Outes e As Pontes

En cada unha das regatas que integran esta proba compiten deportistas das categorías base dos clubs da provincia, con idades entre 6 e 16 anos

Rianxo acolle este sábado a primeira proba do ‘II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña’

Mañá sábado, 3 de xuño, celebrarase en Rianxo a primeira proba do 'II Circuíto de piragüismo en augas tranquilas Deputación da Coruña', a primeira das cinco probas que continuarán nos vindeiros meses en Pontedeume, Ames, Outes e As Pontes. En cada unha das regatas participarán deportistas das categorías base dos clubs da provincia, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

A regata de Rianxo contará coa participación de 11 equipos, que suman un total de 329 deportistas, entre elas destaca o Club Ría de Betanzos, que se presenta cunha destacada participación de 64 deportistas e o Naútico Firrete, con 63 e o KDM Cabanas con 29 deportistas.

A regata terá lugar nas inmediacións da lonxa de Rianxo ás 15.00 horas para as categorías prebenxamín e prolongarase ata as 18.00 horas, cando está prevista a saída dos cadetes.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou hoxe "o éxito de convocatoria, con máis de 300 deportitas inscritos na primeira regata, que demostra que esta nova do circuíto de piragüismo da Deputación está xerando unha elevada expectación entre os deportistas e clubs de piragüismo da provincia".

Esta competición organízase nun sistema de circuíto integrado por cinco regatas, que terán lugar na provincia da Coruña. Establécense clasificacións individuais e por equipos para cada regata, e unha clasificación final do circuíto por equipos. En cada regata entréganse medallas ou trofeo ás tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría e modalidade, ademais de trofeos aos tres primeiros clubs.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X