Estás en:Emprego Novas

Betanzos clausura os seminarios de defensa persoal feminina organizados pola Deputación

As máis de 400 mulleres participantes nas oito edicións dos cursos aprenderon técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante posibles situacións de perigo

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, e a alcaldesa de Betanzos, María Barral, entregaron os diplomas

Betanzos clausura os seminarios de defensa persoal feminina organizados pola Deputación

O pavillón polideportivo de Betanzos acolleu hoxe a derradeira edición dos cursos de defensa persoal feminina organizados pola Deputación da Coruña.

En total, as 400 mulleres participantes nas oito edicións dos seminarios celebrados nos concellos de Aranga, Lousame, Tordoia, Vimianzo, Valdoviño, Ponteceso, Santiso e Betanzos aprenderon técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante posibles situacións de perigo.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, e a alcaldesa de Betanzos, María Barral, Varela entregaron os diplomas e felicitaron as participantes ao remate da xornada.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X