Estás en:Emprego Novas

O lago das Pontes acolle o 2 de xullo unha nova edición da Samurai Xtreme Race

Este ano, a carreira é clasificatoria para o Campionato Mundial de Carreiras de Obstáculos que se celebará en Mamooth Lakes, California

O evento conta xa con máis de 1.000 inscritos nas diferentes categorías

O lago das Pontes acolle o 2 de xullo unha nova edición da Samurai Xtreme Race

A deputada en funcións de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, o presidente do Samurai Sports Club, José Rodríguez, e as concelleiras das Pontes Ana Pena e Elena López presentaron hoxe na sede da Deputación da Coruña a edición 2023 da Samurai Xtreme Race, que se celebrará no entorno do lago das Pontes o vindeiro domingo, 2 de xullo. A proba é puntuable para o Campionato Nacional e clasificatoria para o Campionato Mundial de Carreiras de Obstáculos que se celebrará en Mamooth Lakes, Califonia (Estados Unidos) en setembro.

Samurai Xtreme Race é una carreira de obstáculos que pon a proba a resistencia, forza e habilidade dos competidores e competidoras nunha carreira que conta tanto con obstáculos naturais como artificiais. A proba celébrase desde 2015 e conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da liña de subvencións para grandes eventos deportivos.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou que a proba "promove dous valores do deporte que consideramos importantes como a igualdade e o traballo en equipo", xa que homes e mulleres de todas as idades compiten xuntos e traballan conxuntamente para cumprir obxectivos.

Capelán destacou que haberá tamén unha modalidade júnior para nenos e nenas de 4 a 13 anos que promove a actividade física entre os máis pequenos e que conta ademais cunha carreira solidaria a favor da Fundación de Gen.

O presidente do Samurai Sports Club, José Rodríguez, destacou que este ano a proba contará cun total de 67 obstáculos (vallas, charcos, pirámides de madeira, muros, trincheiras de barro...) nun percorrido de 10 quilómetros.

Rodríguez destacou tamén a importante participación que rexistrará un ano máis o evento. A Samurai Xtreme Race conta xa con máis de 1.000 persoas inscritas nas diferentes categorías, procedentes de diferentes puntos de España e países como Portugal, Reino Unido ou Canadá. "Tivemos que ampliar a inscrición con 100 prazas máis, que se esgotaron en 33 minutos", explicou organizador desta proba

Rodríguez destacou que os cinco gañadores, homes e mulleres, das tandas Élite clasificaranse para participar no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos que se celebrará en outono en California.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X