Estás en:Emprego Novas

As Pontes acolle este sábado a final do ‘II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña’

Nesta derradeira regata, celebrada no lago pontés, participarán 300 deportistas de 10 clubs da provincia

As Pontes acolle este sábado a final do ‘II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña’

Este sábado, 9 de setembro, celebrarase nas Pontes a última proba do 'II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña', tras as cinco anteriores realizadas en Rianxo, Pontedeume, Ames, Miño e Outes.

Nesta derradeira regata participarán deportistas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, que competirán en 1.500 metros; e infantil e cadete, que se enfrontarán en 3.000 metros.

A proba, que terá lugar no lago pontés, contará coa participación de 300 deportistas de 10 clubs da provincia.

Haberá un total de oito saídas, realizarase a primeira ás 10:30 horas e a última ás 13:20 horas. Ao remate da competición, entregaranse os  trofeos aos deportistas e clubs vencedores.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X