A Deputación apoia o Eco Rallye A Coruña, a única proba destas características en Galicia
A proba, que se celebra esta fin de semana, transcorre por 16 concellos da provincia, cun percorrido total de 300 quilómetros, dos que 200 son de regularidade non cronometrada
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca "o crecente interese por este tipo de competicións, que evolucionan o automobilismo cara un modelo máis sostible e de protección co medio ambiente".
O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, participou esta mañá na presentación da VII edición do Eco Rallye A Coruña, que se disputa desde o venres ao domingo e percorre 16 concellos de toda a provincia da Coruña.
Ao acto tamén asistiron o presidente da Real Federación Española de Automovilismo, Manuel Aviñó, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, el delegado provincial de Deportes de la Xunta de Galicia, Roberto García, o concelleiro de Cultura da Coruña, Gonzalo Castro, representantes dos concellos polos que transcorre a proba, e o director de carreira, Alberto González Olañeta.
A competición, que dá comezo este venres, desenvolverase ao longo da fin de semana, pasando por un total de 16 concellos da provincia, que son Arteixo, Aranga, Abegondo, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Culleredo, Curtis, Laracha, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilasantar y A Coruña.
O venres realizarase a saída protocolaria, a repostaxe inicial e as verificacións oportunas. O sábado contará cunha etapa de 8 tramos especiais polos diferentes concellos, e o domingo levarase a cabo a repostaxe final obrigatoria.
O percorrido alcanza os 300 quilómetros, dos que 200 son de regularidade non cronometrada.
O deputado provincial, Antonio Leira, quixo destacar "o crecente interese por este tipo de competicións, que evolucionan o automobilismo cara un modelo máis sostible e de protección co medio ambiente".
Leira subliñou "o potencial turístico deste tipo de eventos, que nos amosan a beleza paisaxística e patrimonial da nosa provincia a través dunha proba deportiva".