Leira participa na entrega de premios do Rallye Rías Altas de vehículos históricos
O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira Piñeiro, participou hoxe na praza de María Pita no acto de entrega de premios do Rallye Rías Altas de vehículos históricos, proba puntuable para o Campeonato de España desta especialidade.
Durante dous días, os participantes percorreron máis de 330 quilómetros dos que 110 estuvieron cronometrados. A Coruña e Betanzos foros os puntos centrais da proba que discorreu tamén polos concellos de Aranga, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior.
O Rías Altas é un clásico dos rallyes da provincia que conta co patrocinio da Deputación da Coruña.
1
4
Fotogalería