Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña presenta en Malpica o libro “Rural e tradición,un fogar en igualdade”

O libro recolle as reflexións e pensamentos 13 persoas da comarca de Bergantiños que durante días conversaron con Serxio Marey e Atenea García

A Deputación da Coruña presenta en Malpica o libro “Rural e tradición,un fogar en igualdade”

A Deputación da Coruña presenta mañá venres, 20 de outubro, ás 19.00 horas, na Casa do Pescador de Malpica o libro "Rural e tradición,un fogar en igualdade".

Este traballo forma parte dun proxecto máis amplo que se desenvolveu no mes de xuño, coordinado por Serxio Marey, un proxecto, segundo explica a deputada de igualdade, Sol Agra, "a través do cal reflexionar sobre o colectivo, LGBTIQA+, que pretende desmitificar esa idea de que a cidade é un espazo de maior comprensión, onde se é máis libre, e un unha invitación a que a xente recapacite sobre o colectivo, sobre a liberdade, a diversidade, o patrimonio e cultura, a sociedade, o mundo rural. É unha porta aberta a que cada día máis persoas reflexionen sobre isto e que sexa unha pinga de auga que nos permita avanzar cara unha sociedade máis diversa, libre, e respectuosa coa xente, a nosa historia e o noso medio".

As páxinas son un conxunto de reflexións e pensamentos saídos dunha viaxe por terras bergantiñás, un conxunto de realidades, trece realidades, contadas polas trece persoas que as viviron, trece persoas dun colectivo, de aldeas espalladas polo país. Tamén recolle o traballo un conxunto de coplas de temática de temática LGBTIQA+, para que cante, toque e baile quen queira, para que se espallen, se usen e pasen a formar parte do noso ideariocolectivo, da nosa cultura.

No libro podemos tamén ler as reflexións que fan Mercedes Peón, Miguel Carballo, Eva Outeiro, Atenea García, Gabi Reboredo, Pedro García, Xela Montero, A Piolla, Rosalía Portos, O Rabelo, Meiga-I e Diego Salgueiro.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X