A Deputación financia a contratación de técnicos de deportes en 66 concellos da provincia
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca que o programa xera emprego e facilita que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións para fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables
O orzamento total para estas contratacións ascende a 889.400 euros
A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia no día de onte a concesión provisional da subvencións correspondentes ao programa F0106 destinadas a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte durante o ano 2024.
Este ano, un total de 66 entidades locais veranse beneficiadas, cunha axuda dun importe máximo de 15.000 euros para a contratación do persoal, acadando os 889.400 euros.
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou que "grazas a estas axudas os concellos poden desenvolver unha gran cantidade de actividades que fomenten a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables".
A entidade provincial financia ata o 80% dos custos salariais do persoal técnico deportivo contratado, con achegas de ata 15.000 euros durante un ano para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.
Enlace ao BOP:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/01/11/2024_0000000154.pdf
Comarca de Santiago
CONCELLO | ACHEGA |
A Baña | 15.000 |
Ames | 15.000 |
Boimorto | 15.000 |
Boqueixón | 10.000 |
Dodro | 15.000 |
Frades | 10.000 |
Melide | 10.000 |
Mesía | 15.000 |
Oroso | 10.000 |
Padrón | 15.000 |
Rois | 15.000 |
Santa Comba | 15.000 |
Santiso | 15.000 |
Teo Toques Tordoia | 15.000 15.000 14.400 |
Touro | 15.000 |
Trazo | 15.000 |
Val do Dubra | 10.000 |
Vedra | 10.000 |
O Pino | 15.000 |
Total | 284.400 |
Comarca da Coruña e As Mariñas
CONCELLO | ACHEGA |
Abegondo | 15.000 |
Aranga | 15.000 |
Arteixo | 15.000 |
Betanzos | 15.000 |
Cambre | 10.000 |
Carral | 15.000 |
Coirós | 15.000 |
Culleredo | 15.000 |
Irixoa Miño Oleiros | 10.000 15.000 15.000 |
Paderne | 15.000 |
Sada | 10.000 |
Sobrado | 15.000 |
Vilasantar | 10.000 |
Total | 205.000 |
Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal
CONCELLO | ACHEGA |
Ares | 15.000 |
Cariño | 15.000 |
Cedeira | 5.000 |
Fene Ferrol | 15.000 15.000 |
Moeche | 10.000 |
Monfero | 15.000 |
Mugardos | 15.000 |
Pontedeume | 15.000 |
San Sadurniño | 15.000 |
Valdoviño | 15.000 |
Total | 150.000 |
Comarca de Bergantiños – Costa da Morte
CONCELLO | ACHEGA |
Cabana de Bergantiños | 5.000 |
Carballo | 15.000 |
Cee | 15.000 |
Corcubión | 15.000 |
Dumbría | 10.000 |
Fisterra | 10.000 |
Malpica | 15.000 |
Ponteceso | 15.000 |
Vimianzo | 15.000 |
Zas | 10.000 |
Total | 125.000 |
Comarca do Barbanza
CONCELLO | ACHEGA |
A Pobra | 15.000 |
Boiro | 15.000 |
Carnota | 15.000 |
Lousame | 15.000 |
Mazaricos | 15.000 |
Outes | 10.000 |
Porto do Son | 10.000 |
Rianxo | 15.000 |
Ribeira | 15.000 |
Total | 125.000 |